PREFERENTE NORTE. CD SANTABALLÉS 1 – CD AS PONTES 1

Terceiro empate da temporada no derbi

Reparto de puntos e 1-1 no derbi disputado nesta tarde soleada de hoxe no Campo da Liga entre Santaballés e As Pontes.

Na primeira metade dominou máis o cadro local pero o As Pontes marchou ao descanso con ventaxa tras unha zancadilla dun defensa local sobre Moreda que acaba en penalti transformado por Toni (30´).

Na segunda metade seguía apretando o cadro local pero o As Pontes tivo varias para sentenciar, como unha xogada na que Brais queda só ante Ivo que se lle bota encima, un balón morto que casi empala Iván na área pequena ou un centro de Criado que se pasea pola área, balón ao que non chega Lucki.

Pero nos últimos minutos o Santaballés foi con todo a polo empate xaleado polo público, e acabou empatando co tempo cumprido nunha xogada de estratexia na que remata Palomo só ante Paco. Anteriormente o ex xogador azul Miguel Casas picou ante a saída do gardameta ferrolán pero o balón marchou por pouco.

Gran entrada cuns 200 espectadores. Quinto encontro oficial entre ambos equipos e cuarta igualada, cun único 0-4 en Santaballa en 2010. Quedan Boiro con 12 puntos, Xallas e As Pontes con 7, Santaballés con 6, e pecha Escairón aínda sen puntuar, feudo que visitará o As Pontes en unha semana.

Xogaron polo As Pontes, Paco, Criado, Berto, Iván, Montes, Vilela (Javi 85´), Lucky, Brais (Jaime 60´), Moreda (Rey 70´), Toni, Bellas (Casas 90´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios