LIGA FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 2 – ADR NUMANCIA DE ARES CF 2
Partido este sábado á tarde de inicio de Liga no Anexo Jose
Este sábado á tarde iniciabase a Liga de Ferrol Xuvenil 2022-23, que contará con 18 equipos, entre eles o pontés.
Con gran afluencia de público, e o mítico Celso Roca, a pesar dos goles de Xandre e Eloy, un tanto dos da terra do gran Marcelino no tempo de desconto estableceu a igualada definitiva 2-2.
Xogaron Regueiro, Ramil, Bruno, Samuel, Fraga, Villasuso, Eloy, Xandre, Xoel, Jandro, Adrián, e despois Antón, Hermida, Joel, Ángel e David.
Co primeiro punto próxima visita ao Galicia de Mugardos na complicada A Pedreira.
Nova cortesía de Xose Ferreiro