Este domingo ás nove da mañá tiña lugar diante do Concello a saída da sétima edición da ruta Terras do Eume.
Preto de 300 ciclistas competían en tres distancias, curta (22 km), intermedia (38 km) e longa (46 km).
Cortaron a cinta de saída os concelleiros Chicho Tembrás e Antonio Alonso, e o organizador da proba, Roberto Rivera, Campión de España de Kayak Polo, e Seleccionador Campión Mundial Sub21 en Xapón 2004.
A meta estaba situada no Parque da Fraga e ao remate do evento os ciclistas podían disfrutar de comida e bebida conforme ían chegando.
Nova cortesía de Xose Ferreiro