LIGA FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 7 – SCRD ÁNIMAS 2

Partido este sábado á tarde no Anexo Jose

Contundente vitoria do Xuvenil pontés 7-2 ante un conxunto ferrolán que nin moito menos era dos equipos baixos da clasificación, senon que estaba dous puntos por riba dos azuis.

O equipo de Joaquín Breijo puido resarcirse un pouco da derrota 3-2 no desconto en Perlío a semana pasada ante un dos rivais polos postos altos.

Nun encontro no que o mal tempo deu unha tregua por momentos, aos dez minutos xa gañaban os locais 3-0, anotando catro goles Anxo Blanco, dous Xoel Purriños e un Adrián Piñón.

Xogaron Joel, Adrián, Bruno, Samuel, David, Carlos, Xoel, Xandre, Anxo Blanco, Jandro, Antón, e despois Ángel, Sergio, Anxo Rey, Augusto e Eloy.

Intratable Caranza B con 21 puntos, por 16 de Perlío, 14 Numancia, e 13 de As Pontes, Narón O Freixo (próxima visita), e Eume.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios