PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 0 – CINCO CORUÑA FS DUACODE B 7

Partido este venres á noite no Monte Caxado

257

Derrota do equipo feminino do Lago DVSport este venres á última hora da noite, na visita do equipo coruñés, que gañou por 0-7, e que xa marchaba ao descanso con tres goles de ventaxa. As locais resistiron como puideron o dominio visitante, con grandes intervencións de Carolina Rodríguez.

O conxunto de Jacobo Barro comezou a Liga con triunfos ante Pontedeume (1-2) e Aranga (2-0), pero nas dúas derradeiras xornadas sufriu severas derrotas ante dous equipos complicados como as Maruxas de Nata do Parrulo (6-0), e hoxe ante o Cinco Coruña B (0-7).

As coruñesas durmen líderes e o equipo pontés do Lago, momentáneamente sexto, visitará na vindeira xornada un rival máis aceptable, o Alto do Vento santiagués, colista con tres derrotas, si ben é certo que contra equipos da zona alta. Xogaron Carolina, Uxía Cupeiro, Andrea, Uxía Pico, Carol; Natalia, Nerea, Paula Castro, Carla, e Sara.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios