LIGA GALEGA BENXAMÍN NORTE 2. HC AS PONTES 10 – ESCOLA LUBIÁNS 0

Partido este domingo á mañá no Pavillón de A Magdalena

Gran vitoria do Benxamín pontés de hockei a patíns, que gañou con solvencia ao Escola Lubians, un dos históricos do hockey galego, esta campaña na Segunda División xunto a Dominicos e Ordes, e con so o Liceo na primeira categoría, polo tanto é un dos catro mellores clubes da Comunidade.

Os de Lucho Prieto suman ante os de Carballo a súa segunda vitoria, tralo 12-2 ao Liceo C; máis tres derrotas a domicilio, Santa María del Mar (6-5), Oleiros Espiñeiro (5-1) e Dominicos 2013 (8-2).

Con este encontro ponse fin á primera volta. Xogaron Mauro, Xisco, Martín, Xulia, Sergio, Roi, Olivia, Xos e Unai.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios