Amigus
As Pontes

Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro domingo día 7 de Xaneiro, sempre e cando non haxa contratempos de última hora, está previsto que volva a competición, despois do paron obrigado polas festas do Nadal, á Liga Local de Futbol Sala coa disputa da xornada número 8.

Unha xornada que arrincará as catro da tarde co encontro entre o Ribadeume Futsal que tentará conseguir a vitoria para volver a subir postos na clasificación e o UB2 Group-Pub Plaza necesitado de puntos polo que se prevé a priori un encontro igualado.

Ás cinco da tarde enfrontaranse A Cova dos Trasnos e o Andaina Centro Futbol, dous conxuntos que buscaran a vitoria dende os primeiros compases do encontro e onde os de A Cova non deben fiarse do seu rival se queren seguir nos postos de privilexio da clasificación.

A continuación ó colista o Matojoma NG UB2 F.S. enfrontase a o líder de competición o NovoStylo Peluqueros onde estes últimos non deberían sufrir moitos atrancos para conseguir a vitoria e así seguir no mais alto da clasificación unha xornada mais.

As sete da tarde veranse as caras o Pub Mania-Las Torres e O Esteo “B” F.S. nun encontro onde O Esteo “B” parte como favorito a conseguir a vitoria. Pola súa banda o Pub Mania-Las Torres está necesitado de puntos factor este que se pode volver na súa contra para conseguir algo positivo neste encontro.

Para rematar esta xornada número 8 xogaran o Colormix e Os Tritós-Desguaces Vilabella un encontro onde o ambos conxuntos buscaran unha vitoria que no caso do Colormix lle sirva para seguir nos postos altos da clasificación, pola contra Os Tritós buscaran a súa cuarta vitoria consecutiva que lles permita acercarse a tan só un punto do seu rival neste encontro. Polo que se prevé que sexa un enfrontamento moi igualado no que o equipo que se adiante no marcador terá moitas posibilidades de levarse a victoria.

Horarios dos emparellamentos da 8ª Xornada da Liga Local de F.S

16:00 h. RIBADEUME FUTSAL – UB2 GROUP-PUB PLAZA
17:00 h. A COVA DOS TRASNOS – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
18:00 h. MATOJOMA NG UB2 F.S. – NOVOSTYLO PELUQUEROS
19:00 h. PUB MANIA-LAS TORRES – O ESTEO “B” F.S.
20:00 h. COLORMIX – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
DESCANSA – HUSSE-BARBARROJA

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios