Amigus
As Pontes

Liga Local de Futbol Sala

O pasado domingo día 7 de Xaneiro, volveu a competición á Liga Local de Futbol Sala, despois do parón obrigado por mor das festas do Nadal, coa disputa da xornada número 8 e que deixa a catro equipos empatados a 12 puntos na zona media da táboa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Unha xornada que arrincaba as catro da tarde co encontro entre o Ribadeume Futsal e o UB2 Group-Pub Plaza un encontro moi igualado no que houbo dúas expulsións, unha por cada equipo, o Ribadeume Futsal conseguiría no tramo final do encontro unha traballada vitoria por 4-2.

Ás cinco da tarde enfrontaronse A Cova dos Trasnos e o Andaina Centro Futbol, dous conxuntos que buscaron a vitoria dende os primeiros compases do encontro e onde os de A Cova dos Trasnos era o que se levaba o gato á auga conseguindo a vitoria por 5-1 con tan só cinco xogadores.

A continuación o líder de competición, NovoStylo Peluqueros , conseguiu a goleada da xornada ante o colista o Matojoma NG UB2 F.S. Unha cómoda vitoria por 8-2 que lle permite ao NovoStylo Peluqueros seguir unha xornada mais á fronte da clasificación.

Ás sete da tarde vianse as caras o Pub Mania-Las Torres e O Esteo “B” F.S. nun encontro onde O Esteo “B” partía como favorito a conseguir a vitoria é así foi xa que gañou 1 a 2 un encontro no que o Pub Mania-Las Torres chegou a neutralizar o gol tempraneiro de O Esteo e cando todo parecía que o encontro remataría en táboas un potente disparo de O Esteo dende fora da área poñería o 1-2 no marcador resultado có que se chegaría ao final do encontro.

Para rematar esta xornada número 8 xogaron o Colormix e Os Tritós-Desguaces Vilabella un encontro onde ambos conxuntos buscaron a vitoria dende o inicio do choque con oportunidades de gol en ambas porterias pero sería o Colormix que cun forte disparo dende fora da area marcaría o único gol do encontro mediado o primeiro período. Na segunda metade Os Tritós sairon decidos a polo empate pero a boa defensa de O Colormix e a boa labor do seu porteiro impediron que iso ocorrera polo que ese solitario gol foi suficiente para que o Colormix se levara a vitoria no partido mais interesante da xornada.

En canto á loita por ser o máximo goleador do campionato Tomás de A Cova dos Trasnos colle certa ventaxa con respecto aos seus perseguidores nesta particular clasificación debido aos catro goles que marcou nesta xornada.

A continuación deixamosvos cos resultados desta xornada nº 8, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador desta tempada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios