Nota de prensa BNG: Orzamentos Xunta 2018: nin un euro para As Pontes
Novo voceiro do BNG local deste mes de xaneiro de 2018
Nos Orzamentos 2018 da Xunta, aprobados polo PP, non hai nin un euro público para As Pontes. Xa é habitual que o PP se esqueza, ano tras ano, de realizar investimentos na nosa vila; de feito a maioría dos edificios públicos que temos (piscina, Casa da Cultura, Escola Infantil, …) foron obra do Concello; as últimas actuacións da Xunta foron co goberno bipartito, impulsadas polas Consellarías do BNG: Centro de Día, vivendas interxeneracionais, e a ampliación de Penapurreia.
Nova estrada de acceso a As Pontes
Agora, nos Orzamentos de 2018, aparecen 0,5 millóns de euros das obras do novo acceso previsto para As Pontes, polas necesidades de Endesa para reformar a Central; o resto, 3 millóns, executaranse para 2019 e 2020; mais, non son cartos públicos, son os que aporta Endesa á Xunta para realizar as obras.
Nesta operación, o noso Concello perde os ingresos (o 2,8 %) que lle corresponderían por impostos se a obra fose realizada por unha empresa privada, xa que ao ser unha administración pública está exenta.
Namentres outros organizan visitas turísticas ao Parlamento, o BNG foi o único Grupo Parlamentar que presentou emendas a estes orzamentos para As Pontes: incremento de persoal en Pediatría e Xinecoloxía, implantación do servizo de Raios X, inicio da Residencia Xeriátrica, e cumprimento do Plan da Minaría.
É o abandono histórico das Pontes por parte dos gobernos do PP na Xunta; pero tampouco ao goberno municipal se lle coñece ningunha reivindicación, ningunha proposta, ningunha reunión coa Xunta, coas Consellarías, para trasladar necesidades presentes e futuras da nosa vila e concretalas nos orzamentos; de momento, a súa actividade principal -e case única-, a realización de festas, semella que non precisa do apoio a Xunta.
Un, o PP, non fai nada por As Pontes, e o outro, o PSOE local, tampouco; non é quen nin de pedir.
Sabiades que ……..
… por cada charla saudábel no Alovi pagamos á Voz de Galicia máis de 4.000 € …; … que unha reportaxe sobre As Pontes enclave industrial na Voz son case que 2.000 € …; … que dende marzo a decembro aprobáronse pagos á Voz por máis de 80.000 €¡¡¡