Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 4 de Febreiro disputarase a xornada número 12, primeira da segunda volta, desta tempada na Liga Local de Futbol Sala.

Unha xornada que comezará as 17:30 horas, por mor da ocupación a primeira hora da tarde do Pavillón Municipal polo que a Asociación Local de Futbol Sala agradece a dispoñibilidade amosada por tódolos equipos participantes na Liga asi como os árbitros para que a xornada se dispute neste horario tan pouco habitual.

Polo tanto a xornada arrincará as cinco e media da tarde co encontro entre o Andaina-Centro Futbol e o UB2 Group-Pub Plaza. Encontro ao que estes últimos chegan despois de puntuar nas tres últimas xornadas da primeira volta e quereran seguir con esa racha positiva diante dun Andaina-Centro Futbol que tentará voltar á boa senda de resultados despois da derrota colleitada a pasada xornada polo que o encontro presvese que sexa igualado.

A continuación ás seis e media da tarde Os Tritós-Desguaces Vilabella comezará a súa particular costa de Febreiro xa que nas vinderas tres xornadas enfrontarase ao tres primeiros clasificados empezando esta xornada polo encontro contra o Novostylo Peluqueros onde buscará a revancha do encontro da primeira volta polo que se espera un encontro moi intenso entre os dous conxuntos no que O Novostylo Peluqueros quererá recuperar o liderato aproveitando que o líder descansa nesta xornada.

Ás sete e media da tade o Husse-Barbarroja que as últimas dúas xornadas non se presentou a xogar os seus partidos enfrontarase a un Colormix nun encontro no que a pesar de que este último é favorito a conseguir a vitoria non se poderá fiar do seu rival ao que lle gañou na primeira volta pola mínima 1-0.

Ás oito e media o colista NG Matojoma UB2 F.S. buscará os seus tres primeiros puntos desta tempada no enfrontamento ante O Esteo F.S. “B” que vendo a traxectoria no que vai de liga este último parte como favorito para levarse os tres puntos.

Por último, nesta xornada atípica en canto ao horario dos encontros se refire, as nove e media da noite Pub Mania-Las Torres e Ribadeume Futsal cerraran a xornada nun encontro onde ambos conxuntos buscaran os tres puntos en xogo con obxetivos diferentes polo que se prevé un partido de alternativas en canto ao xogo e no que parte lixeiramente como favorito o Ribadeume Futsal.

A continuación deixamosvos cós horarios dos encontros desta Xornada nº 12.

Ás 17:30 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – UB2 GROUP-PUB PLAZA
Ás 18:30 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – NOVOSTYLO PELUQUEROS
Ás 19:30 h. HUSSE-BARBARROJA – COLORMIX
Ás 20:30 h. MATOJOMA NG UB2 F.S. – O ESTEO F.S. “B”
Ás 21:30 h. PUB MANIA-LAS TORRES – RIBADEUME FUTSAL
DESCANSA – A COVA DOS TRASNOS

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios