PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 2-3-4 FEBREIRO

O As Pontes visita ó Atlético Escairón

O As Pontes visita este domingo ó Atlético Escairón, no Saviñao, 16:30, en encontro arbitrado por Sergio Otero Domínguez (Vigo).

O equipo pontés está situado nunha boa terceira praza con 41 puntos, pero afronta dúas saídas consecutivas, e non nas mellores condicións posibles.
Para este encontro inmediato, en teoría apenas poderá contar con 15 xogadores, dependendo do estado físico de Rego, e ademáis Pardo e Fidi viron o pasado domingo o quinto cartón amarelo.

O equipo lucense é cuarto pola cola con 22 puntos. Comezou ben a Liga con tres triunfos en sete xornadas ante Residencia, Dubra e Betanzos.

Si ben, nas quince seguintes xornadas apenas puido conseguir dous triunfos, iso si, ante o Ribadeo, e tamén ante o Dumbría, e seis empates. Rubén Quiroga leva seis tantos.

Os ponteses deberán tentar sumar o maior número de puntos nestas dúas saídas para poder seguir na poxa polas dúas primeiras prazas.

PREFERENTE
CLUB ATLÉTICO ESCAIRÓN-CD AS PONTES (DOMINGO 4, 16:30)
FEMININO
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (SÁBADO 3, 17:30)
XUVENIL
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (SÁBADO 3, 16:30)
CADETE
CD AS PONTES-CD NARÓN (SÁBADO 3, 16:15)
INFANTIL
CD AS PONTES-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 3, 11:00)
ALEVÍN
CD AS PONTES A-CEDEIRA SD (SÁBADO 3, 10:30)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (VENRES 2, 18:30)
BENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (SÁBADO 3, 12:00)
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 3, 11:40)
PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES CF (SÁBADO 3, 12:50)
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES B (SÁBADO 3, 11:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios