Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro domingo día 18 de Marzo terá lugar a disputa dunha nova xornada na Liga Local Local de Futbol Sala.

Unha xornada marcada sen dúbida polo encontro das seis da tarde que enfrontará de novo aos dous primeiros clasificados da táboa pero desta vez o segundo clasificado é A Cova dos Trasnos mentras que primeiro é Colormix. Un encontro que se prevé que sexa moi igualado e disputado xa que o conxunto que consiga levarse a vitoria, visto a traxetoria de ambos, dará un paso de xigante para facerse có título de liga. Ambolos dous equipos chegan a este encontro con vitoria por idéntico resultado de 3-0 pero conseguido de forma diferente, mentras que os de A Cova veñen de conseguir tres puntos sen vestirse de corto por mor de que o rival da pasada xornada non se presentou a xogar o partido, o Colormix si disputaría o seu partido ante o Novostylo Peluqueros ó que logrou vencer tras realizar en liñas xerais un bo encontro.

No resto de encontros, a xornada arrincará coma sempre ás catro da tarde có encontro entre o Pub Mania-Las Torres e o Andaina-Centro Futbol. Duelo no que pase o que pase ambos conxuntos non verán peligrar a posición que ocupan na táboa clasificatoria. O que mais posibilidades ten de avanzar posto e que parte como favorito é o equipo de A Capela que está inmerso na loita por evitar a ronda previa da próxima edición da Copa Local de Futbol Sala e que está a tan só dous puntos do último posto que da acceso directo as cuartos final da competición copeira.

Ás cinco da tarde o Matojoma UB2 F.S. terá enfronte a un duro rival como é Os tritós-Desguaces Vilabella segundo equipo mais goleador do campeonato tan só por detrás de A Cova dos Trasnos o que fai prever un goleada de Os Tritós.

Ás sete da tarde Novostylo Peluqueros que ven de perder a pasada xornada o seu encontro ante o Colormix, feito que supuxo que perdera o liderato despois de varias xornadas, enfrontarase a o Husse-Barbarroja nun encontro onde os de Vilalba parten como claros favoritos a conseguir a vitoria pero non se deben fiar do seu rival.

Cerraran a xornada Ribadeume Futsal e O Esteo F.S. nun encontro onde ambos conxuntos pelearan por unha vitoria que no caso do Ribadeume busca para consolidarse nos postos de acceso directo aos cuartos de final da vindeira edición da Copa Local de Futbol Sala pola contra O Esteo F.S. necesita gañar para manter viva a esperanza de entrar nos postos que evitan xogar a ronda previa da Copa, polo que encontro prevese que vaia a ser moi igualado e que se decidirá a prol de uns ou outros por pequenos detalles.

A continuación deixamosvos cos emparellamentos desta  xornada nº 16.

Ás 16:00 h. PUB MANIA-LAS TORRES – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
Ás 17:00 h. MATOJOMA UB2 F.S. – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
Ás 18:00 h. A COVA DOS TRASNOS – COLORMIX
Ás 19:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – HUSSE-BARBARROJA
Ás 20:00 h. RIBADEUME FUTSAL – O ESTEO F.S. “B”
DESCANSA – UB2 GROUP-PUB PLAZA

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios