O Fendetestas pontés de rugbi xogará este domingo ás 12:30 a súa semifinal da Fase de Ascenso tralo aprazamento da pasada semana.
Como primeiro clasificado, recibirá ó cuarto, Muralla, que non será un rival doado xa que sen ir máis lonxe este conxunto militaba na Primeira Galega a campaña pasada.
Nos dous enfrontamentos anteriores en Liga, triunfos claros, pero axustados, do equipo local, 13-24 e 15-0.
O vencedor deste encontro xogará a final e a praza de ascenso co Zalaeta, que gañou en Arteixo 8-3 ó Santiago na outra semifinal.
SEMIFINAL PLAY OFF
CR FENDETESTAS – MURALLA RC
Domingo 18 – Marzo – 2018 (12:30 h)
Campo Monte Medulio
Nova cortesía de Xose Ferreiro