Liga Local de Futbol Sala

Continua a actividade na Liga Local de Futbol Sala coa disputa o vindeiro Domingo día 5 de Febreiro da decimoterceira xornada da competición.

Continua a actividade na Liga Local de Futbol Sala coa disputa o vindeiro Domingo día 5 de Febreiro da decimoterceira xornada da competición.

Unha xornada na que o líder A Cova dos Trasnos pode ampliar a súa vantaxe sobre os seus perseguidores se consegue gañar a un convativo Unión Futbol Sala situado na terceira praza. Do que ocorra neste partido que se xogará as cinco da tarde, estarán moi pendentes tanto O Bar Calvo coma o Estanco Maricarmen que se enfrontan a continuación nun encontro que promete ser moi disputado e que sen dúbida será o partido da xornada.

A xornada arrincará co encontro entre o Husse-Barbarroja e o Matojoma-Las Torres onde este último tentará de buscar os tres puntos en xogo para achegarse un pouco mais os postos de cabeza.

As sete da tarde O Esteo F.S. “B” medirase ao Ribadeume F.S. que ven de gañar e desbancar do liderato da Liga ao Estanco Maricarmen. Estes dous equipos están empatados a trece puntos na clasificación e de seguro que saiaran os dous a pola victoria para desfacer dito empate.

Cerraran esta xornada os dous útimos clasificados Pinturas Colormix e N.G. UB2 Futsal no que o Pinturas Colormix e lixeiramente favorito a levarse a victoria.

A continuación, deixamosvos cos horarios dos partidos desta xornada número 13

16:00 h. HUSSE-BARBARROJA – MATOJOMA-LAS TORRES
17:00 h. A COVA DOS TRASNOS – UNION FUTBOL SALA
18:00 h. BAR CALVO – ESTANCO MARICARMEN
19:00 h. O ESTEO F.S. – RIBADEUME F.S.
20:00 h. N.G. UB2 FUTSAL – PINTURAS COLORMIX

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios