Liga Local de Futbol Sala

A Liga Local de Futbol Sala continúa o seu curso coa disputa o vindeiro domingo día 12 da decimocuarta xornada.

A Liga Local de Futbol Sala continúa o seu curso coa disputa o vindeiro domingo día 12 da decimocuarta xornada. Unha xornada que arricará as catro da tarde co encontro entre o Pinturas Colormix e o Bar Calvo. Encontro no que o Bar Calvo parte como favorito para levarse os tres puntos.
Ás cinco xogarán un Husse-Barbarroja necesitado de puntos contra A Cova dos Trasnos líder en moitas xornadas e que agora ocupa terceiro posto na táboa buscará a victoria que o faga volver ao mais alto.

A continuación o Estanco Maricarmen medirase a O Esteo F.S.”B” que con este xogará o terceiro encontro en tres días seguidos debido aos seus compromisos na Liga Provincial de Lugo pero de seguro que poñera as cousas difíciles a un Estanco Maricarmen que pelea por facerse có liderato da Liga.

Ás sete da tarde o sorprendente líder da Liga o Unión Futbol Sala enfrontase ao último clasificado o N.G. UB2 Futsal. nun encontro no que a Unión Futbol Sala tentará conseguir os tres puntos en xogo para manterse no mais alto da clasificación.

Cerrará a xornada o encontro entre o Matojoma-Las Torres situado cómodamente na sexta praza e o Ribadeume F.S. que busca continuar coa boa racha de resultados xa que leva tres xornadas consecutivas sin coñecer a derrota.

14ª XORNADA DOMINGO DIA 12 DE FEBREIRO PAVILLON MUNICIPAL

16:00 h. PINTURAS COLORMIX – BAR CALVO
17:00 h. HUSSE-BARBARROJA – A COVA DOS TRASNOS
18:00 h. ESTANCO MARICARMEN – O ESTEO F.S. “B”
19:00 h. UNIÓN FUTBOL SALA – N.G. UB2 FUTSAL
20:00 h. MATOJOMA-LAS TORRES – RIBADEUME F.S.

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios