Amigus
As Pontes

Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

O pasado domingo dia 22 a Liga Local de Futbol Sala retomaba a súa actividade coa disputa da xornada número 19.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A competición encara a recta final dunha tempada marcada pola igualdade existente entre os equipos situados nas catro primeiras posicións da táboa clasificatoria e tra-la disputa desta xornada todo segue igual.

A xornada comezaría as catro da tarde có enfrontamento entre o UB2 Group-Pub Plaza e o Ribadeume Futsal. Encontro no que o Ribadeume Futsal lograría impoñerse con relativa facilidade ao UB2 Group-Pub Plaza por un marcador de 4-2 cortando así a boa dinámica de resultados que arrastraba. A vitoria do Ribadeume Futsal prácticamente fai que este asegure a quinta praza e evitar así a ronda previa da Copa.

A continuación o líder, A Cova dos Trasnos, mediriase a un sempre correoso Andaina-Centro Futbol que puxo por diante no marcador mediado o primiero periódo pero pouco lle duraría a alegría xa que dous goles dos de A Cova prácticamente seguidos darianxe xa a volta ao partido chegando ao descanso có marcador favoble de 2-1. Na reanudación os de A Capela sairon en busca do empate pero nunha contra os de A Cova marcaron o terceiro. O Andaina-Centro Futbol arriscou sacando porteiro xogador á pista e recibiría dous goles mais polo que o marcador final quedaría nun claro 5-1 a prol de A Cova dos Trasnos o que lle fai manter a distancia de catro puntos có Colormix.

Ás seis da tarde Novostylo Peluqueros cumpría tódolos pronósticos e goleaba, sen compaixon ao colista Matojoma NG UB2 F.S. por 9-0 nun encontro onde os de Vilalba mostraron a sua eficacia goleadora de cara á Copa.

Ás sete da tarde O Esteo F.S. “B” e Pub Mania-Las Torres disputarian un encontro que se prevía moi igualado pero foi todo o contrario despois duns primeiros minutos de encontro onde as ocasións sucederianse en ámbalas dúas porterías seriaa o Pub Mania-Las Torres o que se adiantaría no marcador, condición que non abandonaría no resto do encontro. A falta de experiencia dos xogadores de O Esteo en momentos determinados condicionou o resultado final de 2-5 a favor do Pub Mania-Las Torres.

Para cerrar a xornada Os Tritós-Desguaces Vilabella buscaría a vitoria diante do Colormix despois do inesperado pero xusto empate que colleitaron a pasada xornada no derbi parroquial ante o Ribadeume Futsal. O encontro foi calcado ao protagonizado por ambos conxuntos na primeira volta da competición en igualdade e en ocasións de gol. Poñerianse por diante no marcador Os Tritós pero empataría o Colormix poucos minutos despois cun tiro lonxano que se colaba na portería de Os Tritós sorprendendo a tódolos asistentes, con este resultado de empate a un gol chegaríase ao descanso. Nos inicios da segunda metade a igualdade volvería a ser predominante tomando protagonismo ambos porteiros con paradas dignas de ligas moi superiores pero a falta de oito minutos para o remate do encontro seria o Colormix o encargado de desfacer o empate cunha xogada de contragolpe moi ben executada e que poñía o partido onde eles querian. De aí ata o final Os Tritós foron a por todas sacando porteiro xogador sobre a pista pero a veces a boa defensa e outras o porteiro do Colormix desbarataban as ocasións de Os Tritós polo que o marcador final xa non se movería mais quedando 1-2 a prol do Colormix.

A continuación deixamosvos cós resultados desta xornada, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador da competición que segue comandada por Tomas de A Cova dos Trasnos con 26 goles seguido de lonxe por Diego Polo do Colormix e Daniel do Novostylo Peluqueros con 18 goles cada un.

Nova cortesía de Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios