Liga Local de Futbol Sala de As Pontes
O pasado domingo día 2 de Abril finalozou a Liga Local de Futbol Sala de As Pontes coa disputa da xornada número 18.
O pasado domingo día 2 de Abril finalozou a Liga Local de Futbol Sala de As Pontes coa disputa da xornada número 18. Unha xornada na que tódalas olladas estaban postas no encontro que ás cinco da tarde disputaron a UNIÓN FUTBOL SALA e o BAR CALVO, segundo e primeiro da táboa clasificatoria respectivamente que chegaban a este partido tan só separados por un punto. Nos primeiros compases do encontro o respeto entre ambolos dous conxuntos era mutuo cun xogo moi monótono e por veces aburrido. Non foi ata mediado o primeiro período cando nunha xogada sen aparente perigo a Unión Futbol Sala consiguia poñerse por diante no marcador chegando ao descanso coa ventaxa mínima do 1-0. Ao inicio do segundo periodo o Bar Calvo consiguía empatar cun disparo cruzado dende fora da área e pouco despois consiguía darlle a volta ao marcador cun gol dende a frontal polo que consumaba así a remontada. A Unión Futbol Sala non se iba rendir fácilmente e decidiu ir a por todas sacando porteiro xogador á pista e consiguindo así empatar o partido a falta de catro minutos para a finalización do mesmo e incluso puideron conseguir a victoria sobre a bocina cun gol que o árbitro anulou, segundo o seu criterio, por estar o tempo xa cumprido polo que o empate a dous final daba o título de liga ao Bar Calvo na que foi sen dúbida unha das tempadas mais igualada e competitiva dos últimos anos.
A xornada comezaba ás catro da tarde có partido entre o Husse-Barbarroja e o Ribadeume F.S. no que o Husse-Barbarroja consiguía a victoria por 7-2 que lle servía para manter a sexta praza da clasificación, posición que lle permite clasificarse directamente para disputar os cuartos de final da Copa Local de Futbol Sala 2017 de As Pontes.
Ás seis da tarde Pinturas Colormix e Matojoma-Las Torres vironse as caras nun encontro no que ningún dos dous equipos se xogaba nada e o marcador final de 3-3 así o reflexa. Este empate serviulle ao Pinturas Colormix para ascender un posto na clasificación ainda empatado a puntos có Ribadeume F.S.
A continuación enfrentaríanse A Cova dos Trasnos e O Esteo F.S. “B” nun encontro que ao final do primeiro periodo reflexaba un claro 1-4 a favor de O Esteo e que nunha segunda metade con moitos goles A Cova dos Trasnos conseguiu gañar por 8-7
Para rematar esta derradeira xornada da tempada o colista N.G. UB2 Futsal fixose coa súa primeira victoria 3-0 ao non presentarse ao encontro o Estanco Maricarmen.
Polo tanto os equipos directamente clasificados para os cuartos de final da Copa Local de Futbol Sala 2017 de As Pontes son: Bar Calvo, Unión Futbol Sala, A Cova dos Trasnos, Estanco Maricarmen, Matojoma-Las Torres e Husse-Barbarroja.
Os equipos que xogaran a fase previa son O Esteo F.S. “B”, Pinturas Colormix, Ribadeume F.S. e N.G. UB2 Futsal. Unha Copa Local na que tódalas eliminatorias xogaranse a un só partido e que presumiblemente dará comenzo no mes de Maio.
A continuación deixamosvos cós resultados desta derradeira xornada da tempada 2016/2017, a clasificación final e o Ranking de Goleadores.
LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017
XORNADA Nº 18
7 | HUSSE-BARBARROJA | RIBADEUME F.S. | 2 |
2 | UNIÓN FUTBOL SALA | BAR CALVO | 2 |
3 | PINTURAS COLORMIX | MATOJOMA-LAS TORRES | 3 |
8 | A COVA DOS TRASNOS | O ESTEO F.S. “B” | 7 |
3 | N.G. UB2 FUTSAL | ESTANCO MARICARMEN | 0 |
CLASIFICACIÓN
POSTO | EQUIPOS | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS |
1º | BAR CALVO | 18 | 13 | 2 | 3 | 86 | 32 | 41 |
2º | UNION FUTBOL SALA | 18 | 12 | 4 | 2 | 76 | 39 | 40 |
3º | A COVA DOS TRASNOS | 18 | 13 | 1 | 4 | 76 | 49 | 40 |
4º | ESTANCO MARICARMEN | 18 | 9 | 4 | 5 | 68 | 56 | 31 |
5º | MATOJOMA-LAS TORRES | 18 | 9 | 2 | 7 | 70 | 53 | 29 |
6º | HUSSE-BARBARROJA | 18 | 6 | 3 | 9 | 47 | 51 | 21 |
7º | O ESTEO F.S. “B” | 18 | 6 | 2 | 10 | 53 | 73 | 20 |
8º | PINTURAS COLORMIX | 18 | 4 | 4 | 10 | 50 | 51 | 16 |
9º | RIBADEUME F.S. | 18 | 5 | 1 | 12 | 54 | 81 | 16 |
10º | N.G. UB2 FUTSAL | 18 | 1 | 1 | 16 | 37 | 122 | 4 |
GOLEADORES
DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 41 GOLES
TOMAS (A COVA DOS TRASNOS) 33 GOLES
AIRON (BAR CALVO) 26 GOLES
PREMIOS
EQUIPO MENOS GOLEADO: BAR CALVO
MÁXIMO GOLEADOR: DIEGO POLO (UNIÓN FUTBOL SALA) SUBCAMPIÓN DE LIGA: UNIÓN FUTBOL SALA
CAMPIÓN DE LIGA: BAR CALVO
Nova cortesía de Moises Fernández