Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

O pasado domingo día 15 de Xaneiro volveu a actividade á Liga Local de Futbol Sala de As Pontes coa disputa da décima xornada, primeira da segunda volta da competición.

O pasado domingo día 15 de Xaneiro volveu a actividade á Liga Local de Futbol Sala de As Pontes coa disputa da décima xornada, primeira da segunda volta da competición. Unha xornada que se abría có encontro entre O Esteo F.S. “B” e o colista N.G. UB2 Futsal que acabou gañado O Esteo cun marcador de 7 goles a 5 que non reflexa a superioridade mostrada por O Esteo durante todo o partido. A continuación o líder, A Cova dos Trasnos, non tivo demasiados problemas para desfacerse do Ribadeume F.S. cun claro 6-2. O encontro que se prevía mais igualado da tarde non defraudou e é que o Matojoma-Las Torres conseguiu unha sufrida victoria por 3 goles a 2 ante o Bar Calvo que acumula con esta tres derrotas consecutivas que o alonxan dos primeiros postos da clasificación. Outra das revelacións da tempada é a Unión Futbol Sala que se coloca na terceira praza da táboa clasificatoria tras derrotar ao Pinturas Colormix por 6 goles a 1 e aproveitar a derrota do Bar Calvo. Por último no encontro que cerraba a xornada o Estanco Maricarmen conseguía remontar nos minutos finais un marcador adverso de 0 goles 3 gracias á estratexia do porteiro xogador, para acabar gañando por 5 goles a 3 ao Husse-Barbarroja.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017

JORNADA Nº 10

7 O ESTEO F.S. “B” N.G. UB2 FUTSAL 5
2 RIBADEUME F.S. A COVA DOS TRASNOS 6
3 MATOJOMA-LAS TORRES BAR CALVO 2
1 PINTURAS COLORMIX UNION FUTBOL SALA 6
5 ESTANCO MARICARMEN HUSSE-BARBARROJA 3

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
A COVA DOS TRASNOS 10 8 1 1 45 17 25
ESTANCO MARICARMEN 10 7 3 0 40 30 24
UNION FUTBOL SALA 10 6 2 2 37 22 20
BAR CALVO 10 6 1 3 49 21 19
MATOJOMA-LAS TORRES 10 6 0 4 42 31 18
O ESTEO F.S. 10 4 1 5 22 36 13
 
HUSSE-BARBARROJA 10 3 2 5 30 32 11
RIBADEUME F.S. 10 2 1 7 31 46 7
PINTURAS COLORMIX 10 1 2 7 25 39 5
10º N.G. UB2 FUTSAL 10 0 1 9 18 62 1

GOLEADORES
DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 18
AIRON (BAR CALVO) 16
SANTI (BAR CALVO) 13
DIEGO PELLON (ESTANCO MARICARMEN) 13

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios