Liga Local de Futbol Sala As Pontes
O pasado domingo día 12 de Marzo voltaba a actividade a Liga Local de Futbol Sala, despois do paron sufrido pola ocupación do pavillón municipal, coa disputa da xornada número 16.
O pasado domingo día 12 de Marzo voltaba a actividade a Liga Local de Futbol Sala, despois do paron sufrido pola ocupación do pavillón municipal, coa disputa da xornada número 16.
Unha xornada que arrancaba as catro da tarde cunha goleada de escándalo que A Cova dos Trasnos lle endousou ao colista o N.G. UB2 Futsal, nada mais e nada menos que 18 goles o que se convertiu na maior goleada das últimas tempadas na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes. O resultado final do encontro foi de 18 goles a 4.
A continuación vianse as caras o Pinturas Colormix e Ribadeume F.S. un encontro que comezaba gañando o Pinturas Colormix pero que o Ribadeume F.S. conseguía darle a volta colocando o 1-2 marcador nada mais comezar a segunda metade. Pero cunha maior eficacia de cara a porta nos minutos finais, o Pinturas Colormix conseguía a súa terceira victoria da presente tempada cun resultado final de 5 goles a 2 e eliminaba toda opción de alcanzar a sexta praza ao Ribadeume F.S. praza que se segue ocupando o Husse-Barbarroja pese a que por segunda xornada consecutiva non se presentou a disputar o seu encontro polo que o seu rival nesta xornada, o Bar Calvo, levouse os tres puntos que o sitúan líder da competición empatado a puntos con A Cova dos Trasnos.
As sete da tarde o ata esta xornada sorprendente líder da competición a Unión Futbol Sala non puido pasar do empate ante O Esteo F.S. “B”. Un encontro que se lle poñia complicado a Unión Futbol Sala xa que ao descanso chegaba cun marcador de 1 gol a 3 favorable a O Esteo “B” F.S. pero nun segundo tempo de tolos, o máximo goleador da competición votouse o equipo as costas e conseguiu empatar o encontro a 4 goles e conseguir así un punto que non lle serviu para manter o liderato. Pola contra o punto conseguido por O Esteo F.S. “B” sirvelle para acercarse a tan só un punto do sexto posto o que fai que O Esteo F.S. “B” manteña as esperanzas de clasificarse directamente para os cuartos de final da Copa Local de Futbol Sala 2017.
As oito da tarde vironse as caras o Matojoma-Las Torres e o Estanco Maricarmen nun encontro moi igualado e intenso que non defraudou ás expectativas creadas e que logo dos 50 minutos e a pesar das moitas ocasións de gol para ámbolos dous equipos o resultado final foi de empate a dous goles.
En canto a loita por ser o máximo goleador da competición Diego Polo de A Union Futbol Sala despois de conseguir un hat-trick nesta xornada suma 37 goles seguido de Tomas de A Cova dos Trasnos con 30 e xa na terceira praza desta particular clasificación encontramos a Airon do Bar Calvo con 25 dianas.
O vindeiro domingo a Liga Local de Futbol Sala sufrirá o derradeiro paron desta tempada por ser o día do pai polo que a competición voltará o domingo 26 de Marzo coa penúltima xornada dunha tempada marcada pola igualdade nos postos de cabeza durante todo o campeonato.
A continuación deixamosvos cos resultados dos encontros desta xornada nº 16, clasificación loita por ser o máximo goleador da competición.
LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017
XORNADA Nº 16
18 | A COVA DOS TRASNOS | N.G. UB2 FUTSAL | 4 |
5 | PINTURAS COLORMIX | RIBADEUME F.S. | 2 |
0 | HUSSE-BARBARROJA | BAR CALVO | 3 |
4 | UNION FUTBOL SALA | O ESTEO F.S. “B” | 4 |
2 | MATOJOMA LAS TORRES | ESTANCO MARICARMEN | 2 |
CLASIFICACIÓN
POSTO | EQUIPOS | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS |
1º | BAR CALVO | 16 | 12 | 1 | 3 | 81 | 29 | 37 |
2º | A COVA DOS TRASNOS | 16 | 12 | 1 | 3 | 73 | 39 | 37 |
3º | UNION FUTBOL SALA | 16 | 11 | 3 | 3 | 70 | 36 | 36 |
4º | ESTANCO MARICARMEN | 16 | 9 | 4 | 3 | 62 | 49 | 31 |
5º | MATOJOMA-LAS TORRES | 16 | 8 | 1 | 7 | 64 | 51 | 25 |
6º | HUSSE-BARBARROJA | 16 | 5 | 3 | 8 | 41 | 46 | 18 |
7º | O ESTEO F.S. “B” | 16 | 5 | 2 | 9 | 43 | 65 | 17 |
8º | RIBADEUME F.S. | 16 | 5 | 1 | 10 | 51 | 70 | 16 |
9º | PINTURAS COLORMIX | 16 | 3 | 3 | 10 | 43 | 46 | 12 |
10º | N.G. UB2 FUTSAL | 16 | 0 | 1 | 15 | 34 | 119 | 1 |
GOLEADORES
DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 34
TOMAS (A COVA DOS TRASNOS) 30
AIRON (BAR CALVO) 25
Nova cortesía de Moises Fernández