LIGA PONTESA DE VETERANOS 2022-23

O La Galaxia Venus situase líder en solitario

240

Esta fin de semana disputábase a quinta xornada da Liga pontesa de Veteranos, na que o triunfo 4-1 de La Galaxia sobre o Bar Encanto, terceiro, servialle o liderato en solitario ao equipo “galáctico”.

Pois no outro partidazo da xornada empataban 2-2 o actúal campión, o sempre temible Muebles Eume de Basoa, e o segundo, Estanco Mari Carmen.

No resto da xornada, A Cepa goleou 5-0 ao As Pontes 74, e Jeycar logrou o seu primeiro punto cun empate 1-1 ante MMYPEM.

Lidera La Galaxia Venus con 13 puntos, por 11 de Estanco Mari Carmen, e Bar Encanto-Lecar 712 e A Cepa teñen nove.

Muebles Eume e MMYPEM teñen sete, e cun punto está Jeycar. Aínda sen puntuar pechan a clasificación Electricidad J&O e As Pontes 74.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Felipe Mieres

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios