LIGA FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 8 – CULTURAL MANIÑOS SD 2
Partido sábado á tarde no Anexo Jose
Gran triunfo do Xuvenil pontés ante o equipo de Fene, encontro que xa marchaba 4-0 ao descanso. Tres goles de Xoel Purriños, Mario Torrente, Samuel Seco, Anxo Blanco, Antón Varela e Jandro López.
Xogaron Joel, Rey, Antón, Samuel, Bruno, Carlos, Xoel, Xandre, Blanco, Jandro, Torrente, e despois Sergio, Mateo, Regueiro, Ángel e Augusto.
O equipo é sétimo con 16 puntos, lastrado dos postos máis altos pola dificultade das visitas, con tres derrotas nos últimos desplazamentos.
E precisamente o vindeiro rival a domicilio é o líder intratable Galicia Caranza B que suma pleno de nove vitorias e 27 puntos.
Nova cortesía Raimundo Carballo