Nova xornada da Liga pontesa de Veteranos e A Taberna de Pancho situase a un paso do título tras golear 10-1 a MMYPEM.
Como queira que leva 10 puntos de ventaxa a Muebles Eume, e quedan catro partidos por xogar, está a unha vitoria, ou un pinchazo dos seus perseguidores, para o título de Liga.
No resto da xornada, GTC Lecar gañou 1-0 ao anterior campión Estanco Mari Carmen, A Cepa 3-1 a Electricidad J&O, e Santaballés tamén 3-1 a Transportes Seco Solano.
Tralos fichaxes este ano de Santi Rouco e o fillo predilecto Adrián López lidera A Taberna de Pancho cun magnífico rexistro de once vitorias e un so empate, 34 puntos.
Segundo é Muebles Eume con 24, terceiro Santaballés con 23, cuarto A Cepa con 21, e quinto GTC Lecar con 20.
Máis abaixo o anterior campión Estanco Mari Carmen con 12, 8 para Transportes Seco Solano, 7 ten MMYPEM, e un punto Electricidad J&O.
Este domingo á mañá hai un interesante A Taberna de Pancho contra o complicado Santaballés que pode resolver a Liga.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro