Liga Autonómica Femenina: As Pontes 4 – Pastoriza 1

Cuarta victoria da tempada para o As Pontes, a de hoxe contra un Pastoriza que amosou ter equipo coma para estar máis arriba na táboa, e que, a pesar do que reflicte o marcador, lanzou 4 balóns aos paus, pero as pontesas son todo gañas e ilusión e ó final acabaronse levando merecidamente o partido. Adiantouse o As Pontes tras un lanzamento de falta de Patricia Dopico, pero pouco despois empataban as visitantes nunha xogada desafortunada. Catro minutos máis tarde volvíase a adiantar o As Pontes tras un sensacional lanzamento de falta de Lau ante o que a porteira visitante non puido facer nada. Na segunda metade o As Pontes sentenciou o partido co intinto e a definición da dianteira Nerea, que meteu os dous goles. Resaltar que mañá Yaiza e Patricia teñen un importante adestramento coa selección galega sub15 en Santiago e ogallá lles saia todo ben.

futbol_f1.jpg


As Pontes 4. Leti, Laura (Lara 63´), Yaiza, Jani, Silvia, Andrea (Candela 69´) Lau, Alba (Carla 57´) Patri Dopico (Paula 74´), Carlota, Paty Blanco (Nerea 46´)
futbolf2.jpg
Pastoriza 1. Gemma, Katia (Lorena 46´), Noemí (Noelia 46´) Melani (Verónica 83´), Irene, María, Olaya, Susana, Cris, Noa, Sele (Sandra 63´)
futbolf3.jpg
Goles: 1-0, Patricia Dopico (14´), 1-1 (22´), 2-1 Lau (26´), 3-1, Nerea (64´), 4-1, Nerea (88´).
Colexiado: David Díaz Casas (Ferrol). Expulsou á visitante Susana. 150 espectadores en tarde chuviosa.
futbolf4.jpg
futbolf5.jpg
futbolf6.jpg
futbolf7.jpg
futbolf8.jpg
futbolf9.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios