Liga Autonómica Feminina. CD As Pontes 1 Atlético Muralla 0

Séptima vitoria da temporada pra as rapazas do CD As Pontes, a de hoxe, perante un gran Muralla de Lugo, que se presentou en As Pontes con so 10 xogadoras, pero que plantou cara durante todo o encontro e puxolle as cousas moi difíciles ás locais. Na primeira parte puideronse adiantar as lucenses nun remate que acabou no poste, pero de ahí ó descanso o dominio foi absoluto das nosas, con catro ocasións, de Lau e Patri, e dúas moi claras de Patri e Paty, que non puideroin definir soas diante da porteira visitante. Na segunda metade decidiu o encontro o talento da xogadora da selección galega Paty Blanco, que cun gran disparo dende fora da área anotou o único tanto do partido. A pesar de que a porteira Leti, e as centrais Jani e Lau estiveron inconmensurables ó longo de todo o encontro, as visitantes puideron empatar a 5 minutos do final pero a dianteira visitante, soa diante de Leti, mandou o balón por riba. Xa no desconto, co equipo lucense buscando o gol á desesperada, contragolpe das pontesas, pero Carlita, en posición franca, manda por riba. En definitiva, séptima vitoria do cadro pontés, que a semana que ven descansará, non así Yaiza e Paty, que agardemos que estén na lista definitiva da selección galega sub15 que afrontará o Campionato de España en Asturias.

futbol_fem_1.jpg


Liga Autonómica Feminina. CD As Pontes 1 Atlético Muralla 0
CD As Pontes: Leti, Yaiza (Carla Castro 79´), Silvia (Paula 72´), Jani, Lau, Lara, Sara (Laura 15´), Patri Dopico(c), Paty Blanco, Alba (Carlita 75´), Candela (Nerea 57´).
Atlético Muralla: Sonia, Nerea, Soco, Rosario, Marta, Emma, Maria, Mira, Laura, Tania.
Goles: 1-0, Paty Blanco (67´)
Árbitro: Sergio Martínez Porta (Colexio de Ferrol).
Campo e Incidencias. Campo Anexo do Poboado, algo menos de 100 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á 21ª xornada de Liga.

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

futbol_fem_1.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios