LIGA COMARCAL CADETE. CD AS PONTES 4 NUMANCIA DE ARES 2. OS CADETES ACABAN SEGUNDOS NA LIGA E XOGARÁN A FASE DE ASCENSO

Xenial o cadete de Iván Rodríguez que esta tarde venceu por 4-2 ó Numancia, resarcindose do 4-1 da ida, e asegurou o segundo posto e a presencia na fase de de ascenso no encontro disputado hoxe á tarde no Campo Anexo do Poboado.
O As Pontes necesitaba como mínimo o empate, pois a semana que ven descansa e en caso de perder hoxe e de que o Eume vencera nos dous encontros que lles restaban empatarían a puntos cos azuis e superarianos polo goal average.
cadete_01.jpg


Asi que os de Iván, sen Galego, saíron cos nervios lóxicos da entidade do envite, e no primeiro tempo houbo dominio alterno ata que no último minuto tras un penalti cometido sobre el mesmo, o polivalente Gonza encargase de marcar con temple e calma o 1-0.
Nos comezos do segundo tempo un sensacional Lucho sentenciou o encontro. Primeiro tras un tiro seu, o porteiro rexeita e o habilidoso Pablo aproveita pra marcar o 2-0. E despois Luis meteu dous golazos, sobre todo o cuarto tras controlar coa cabeza e marcar por alto.
Co partido sentenciado chegaron os cambios, os azuis afrouxaron un pouco, o que aproveitaron os de Ares pra recurtar distancias e poñer o 4-2 definitivo no marcador.
Con estos tres puntos os de Iván Rodríguez acaban na segunda posición a Liga cun gran balance de 21 partidos gañados, 1 empate, por 4 derrotas (Caranza, O Val, Ares e Eume), con 96 goles a favor por 33 en contra, e 64 puntos.
Agora os cadetes agardalles a complicada fase de ascenso xunto o campión Caranza e ademáis tamén xogarán a Copa, coa tradicional mala fortuna pontesa acompañada de sorteos sen cabezas de serie. Asi, si ó equipo de Calpita lle toca xogar co campión Caranza a pesar de ser segundo na Liga, outro tanto do mesmo pasa cos cadetes que tamén se enfrontarán ó gañador Caranza no seu grupo que pra maior dificultade vai acompañado do quinto clasificado Ortigueira, e solo pasa un.
Pero en definitiva o gran e meritorio obxectivo do ano era quedar entre os dous primeiros, feito que hoxe lograron os discípulos de Iván e o delegado Minchi e que o celebraron por todo o alto.
Xogaron Ángel Caínzos (Ignacio 77´), Gonza, Guino, Marcos, Capela (Ángel Rooney 70´), Álvaro (Aldrey 77´), Tiny (David 73´), Alberto, Luis, Keko (Diego 67´) e Pablo.
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios