LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2012/13

Mobles Eume recupera o liderato e ten moitas opcións de renovar o título de liga
O Mobles Eume deu un paso moi importante para renovar o título de liga despois de gañar pola mínima (2-1) a Xuntanza e tralo empate a un gol entre Santaballés e Farmavida, nun partido que dominou e tivo máis ocasións de gol o conxunto farmacéutico, que veu como lle empataban o partido nun penalti a pouco de rematar o encontro. Vitoria tamén de A Cepa sobre La Galaxia, triunfo que lle dá opcións de loitar polo título a falta de dúas xornadas para o final. Triunfo de As Pontes 74 sobre Maren por 2-0.
Despois desta xornada é líder en solitario Mobles Eume con 29 puntos, seguido de Santaballés e Farmavida, con 28. A Cepa ten 26 puntos e La Galaxia con 25. Xa máis distanciados As Pontes 74 e Xuntanza con 14, e pechan a clasificación Maren e MMYPEM con oito puntos.
Restan dúas xornadas para o final da competición, a derradeira, a da vindeira fina de semana, e a xornada 12ª, que foi suspendida debido ó temporal de chuvia e vento do 19 e 20 de xaneiro.
Mobles Eume depende de si mesmo para proclamarse campión. É campión se gaña os dous partidos que lle restan. Tamén sería primeiro se gaña un e perde un o Santaballés. Pola súa banda, o Santaballés pode ser campión se gaña un encontro e Mobles Eume perde os dous ou non suma máis dun punto. Finalmente, Farmavida ten opción de proclamarse campión vencendo no partido que lle queda e que Mobles Eume non sume máis dun punto e Santaballés dous puntos.
Pode darse ó final un empate a 31 puntos entre os tres equipos. Neste suposto será campión o Mobles Eume, que sumaría 6 puntos, seguido de Santaballés (5) e Farmavida (3).
Tamén ten opcións de acadar o título o conxunto de A Cepa, pero tería que gañar os dous partidos e que os equipos que lle preceden na clasificación non sumen nestas dúas xornadas máis de 31 puntos.
veteranos


RESULTADOS 17ª XORNADA
3/4 – Marzo – 2013
Xuntanza – M. Eume (1-2) Manolo / Paco e Manel
Santaballés – Farmavida (1-1) Felipe Mieres (p.) / Manolo
A Cepa – La Galaxia (2-1) Fernández e Ramón / Milito (p.p.)
As Pontes 74 – Maren (2-0) Manel e Julio
Descansou: MMYPEM
CLASIFICACIÓN (ptos)
1º MOBLES EUME – 29
2º SANTABALLÉS – 28
3º FARMAVIDA – 28
4º A CEPA – 26
5º LA GALAXIA – 25
6º XUNTANZA – 14
7º AS PONTES 74 – 14
8º MAREN – 8
9º MMMYPEM – 8
GOLEADORES
SITO (La Galaxia) – 9
FERNÁNDEZ (A Cepa) – 9
LOZANO (Santaballés) – 8
PEPE (Mobles Eume) – 7
OSCARÍN (La Galaxia) – 7
MANEL (Mobles Eume) – 7
18ª XORNADA
9/10 – Marzo – 2013
A Cepa – Xuntanza (Sáb. 9, 20,00)
Maren – Santaballés (Dom. 10, 10,00)
M. Eume – As Pontes 74 (Dom. 10, 11,00)
Farmavida – MMYPEM (Dom. 10, 12,00)
Descansa: La Galaxia
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios