LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14: O EQUIPO DE FARMAVIDA LÍDER EN SOLITARIO

Despois de sete xornadas disputadas, o equipo de Farmavida comanda en solitario a clasificación do campionato de liga de fútbol de veteranos de As Pontes. Os farmacéuticos suman 16 puntos de 18 posibles.
Nesta xornada hai que salientar o triunfo por 1-2 de MMYPEM sobre Mesón A Cepa e os oito goles do choque Mobles Eume-Maren (5-3). Vitorias pola mínima (1-0) de Farmavida e La Galaxia sobre As Pontes 74 e Xuntanza.
Ocupa a primeira posición, con 16 puntos, Farmavida. Bar Xardín é segundo, con 15. A continuación están La Galaxia (13), Mobles Eume (9), As Pontes 74 e A Cepa (7), MMYPEM (5), Maren (4) e Xuntanza (2).
Os tres goles marcados nesta xornada por Carlos Piñón (Maren) diante de Mobles permítenlle colocarse de primeiro na táboa de goleadores, con 7 goles. A continuación están Javi, de Farmavida, con seis tantos, Julio (As Pontes 74) e Lozano (Bar Xardín) con catro tantos cada un.
Na vindeira xornada salientar o choque que disputarán o domingo, ás dez da mañá, os dous primeiros clasificados, Farmavida e Bar Xardín.
RESULTADOS 7ª XORNADA 15/17 – Novembro – 2013
Xuntanza – La Galaxia (0-1) Rubén
A Cepa – MMYPEM (1-2) Francés / Alberto e Genu
Farmavida – As Pontes 74 (1-0) Manolo
M. Eume – Maren (5-3) Emilio, Cendán, Manel, Pablo e Rubén / Carlos Piñón (3)
Descansou: Bar Xardín
veteranos


8ª XORNADA
23/24 – Novembro – 2013
M. Eume – Xuntanza (Sáb. 23, 20,00h)
Farmavida – Bar Xardín (Dom. 24, 10,00h)
La Galaxia – A Cepa (Dom. 24, 11,00h)
Maren – As Pontes 74 (Dom. 24, 12,00h)
Descansa: MMYPEM
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios