Liga Feminina. CD As Pontes 5 Milagrosa 1

Victoria triste do As Pontes no seu debut nesta tempada 2009-2010 na Primeira Autonómica Feminina. Comezaron ben as cousas co gol de Yaiza ós 8 minutos, pero apenas transcurridos 15 minutos de partido a lesión da gran Emma ensombreceu o encontro. Antes do descanso, no 40´, unha maxistral Lau, que andivo con molestias toda a semana pero acabou xogando, marcou un gran gol dende fóra da área, ós 5 minutos da reanudación voltou marcar tras quedar soa ante a porteira rival e resolver con maestría. Anotaron as lucenses o tanto da honra por medio da súa dianteira María no minuto 58´. Redondearon o marcador e aseguraron a victoria a gran medio centro Andrea (68´), que xa mereceu o gol durante toda a tempada pasada, e Laura culminou un sensacional partido con seu particular hat trick no 83´.
aspontes_1.jpg


5 AS PONTES. Leti; Silvia, Jani, Emma (Laura 18´), Alba (Cristina Bocelo 38´); Lara, Andrea, Sara (Clara Castro 45´), Carlota; Yaiza (Paula 65´), Paty (Carliña 69´).
1 MILAGROSA. Laura, Marta, Tucha, Mari Carmen, Lucía, Cristina, Lorena, Emma, María, Beatriz, Jessi. Na segunda metade entraron Tamara, Melody e Tania.
Goles: 1-0. Yaiza (8´), 2-0. Laura (40´), 3-0. Laura (50´), 3-1. María (58´), 4-1. Andrea (68´), 5-1. Laura (83´).
Árbitro: Rodríguez Dopico (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns cen espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á primeira xornada de Liga.
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
aspontes_1.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios