LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 3 SD O VAL 0

Victoria clara do As Pontes ante o gran equipo do Val, que marcha terceiro, por tres tantos a cero, en encontro aprazado que se disputou hoxe debido a que esta fin de semana non había competición de Liga pola disputa da segunda fase do Campionato de España Xuvenil e Cadete de seleccións autonómicas.
Adiantouse o As Pontes no primeiro tempo con dous tantos de falta, nada máis comezar, o capitán Juancito (5´), e mediada a primeira metade o ferrolán Dani Villar pola escadra (26´).
No segundo tempo tentaron buscar o gol os visitantes anque so crearon perigo cunha falta que parou Krikry, e cun cabezazo que marchou por alto.
xuvenil


Máis creou o As Pontes que tivo varias ocasións, cronolóxicamente dúas consecutivas de Sergio e Adrián que salvou o gardamallas visitante, un balón que perde o equipo rival e o esférico caelle que nin pintado a Adrián que a manda pegada ó pau, un bo centro de Criado que cabecea Javi pegado ó longueiro e o porteiro mete a luva o xusto para desviar a córner, un centro chut envelenado do propio Criado e incluso un gol ben anulado a Alex Montero.
Pero foi o capi Juan, quen faltando 15 minutos, recolle un balón na área, dispara, e pese a que o porteiro chega a tocar, o balón acaba entrando, sentenciando o encontro. Un encontro no que chegou a xogar o cadete Iván Carballeira e tamén estivo convocado o porteiro Ángel Prieto.
Gañou un partido o As Pontes, tres puntos, e subiu da undécima á sexta praza. Esta liga é moi competida, e asi, si o As Pontes hai unhas semanas estaba moi preto do descenso, coas victorias ante Negreira e O Val, e de conseguir gañar o outro encontro aprazado en casa ante o Eume Deportivo, o As Pontes colocariase nin máis nin menos que na cuarta posición.
Pero de momento antes da Semana Santa hai que rendir visita a Carballo para enfrontarse ó Bergantiños, que marcha décimo con 37 puntos.
Destacados Caranza e Residencia con 54, O Val 45, Fátima e Vilalbés 42 e As Pontes 40. O Orillamar, que marca momentáneamente a criba do descenso con 33 puntos, perdeu no seu encontro aprazado, a domicilio en Viveiro, 2-0.
Xogaron polo cadro de Jose Carballo, Krikry, Saviola, Rubén, Diego (Gonza 77´), Esteban, Juan (Iván Carballeira 90´), Adrián (Diego Filgueiras 88´), Alex Montero, Javi, Dani Villar (Capela 84´) e Sergio Criado.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios