LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 4 CONXO B 2

Victoria nos últimos minutos do cadro de Carballo ante o conxunto santiagués por catro goles a dous no encontro disputado na tarde de hoxe no Campo Anexo Jose.
Dous tantos do goleador de Cerdido Javi a pouco de comezar o encontro (3´) e a piques de rematar a primeira metade (40´) semellaban sentenciar o encontro.
Nada máis lonxe da realidade pois os santiagueses empataban mediado o segundo tempo.
Sobrepuxeronse os azuis e a falta de sete minutos do final o traballador medio centro Fabio situaba o 3-2 no marcador.
Pero non foi fácil manter os tres puntos, e incluso no longo desconto foi expulsado Dani Villar polo colexiado ferrolán García Villaverde.
No minuto 96´ Sergio Criado, despois de tres intentos, conseguía marcar o 4-2 definitivo outorgandolle tres importantes puntos ó As Pontes situando ós locais nunha zona relativamente cómoda, novenos con 28 puntos, a 8 do descenso e a 13 dos postos de ascenso.
Compostela, líder destacado con 47, e Vilalbés con 41, copan as dúas prazas, seguidos estes últimos moi de preto por Caranza (38), Ordes e Lugo B (36), que non ceden.
A semana que ven os de Carballo e Boo viaxarán a Cervo a enfrontarse ó San Ciprián, equipo cuarto pola cola con 20 puntos, que marca a criba do descenso, que na ida perdeu 7-1, pero que mellorou moito desde aquela.
Xogaron Alex Reina (Julián 45´), Diego, Rubén, Isma Prieto “Palas”, Marcos Otero, Beto (Chungui 70´), Marcos Novo, Fabio, Javi, Borja (Dani Villar 80´) e Gogas (Sergio Criado 71´).
O lesionado Fran Prieto “Toti” volveu a entrar na convocatoria
xuvenil_001.jpg


xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios