LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 2 AROUSA 0

Triunfo importantísimo o conseguido polo As Pontes na tarde de hoxe tras vencer 2-0 ó cuarto clasificado, o Arousa.
Os azuis adiantaronse na primeira metade con goles do seleccionado Alex Cabarcos e Kilian.
No segundo tempo o Arousa buscou o gol, e o As Pontes deixou que pasaran os minutos, con unha liña defensiva que hoxe raiou a un gran nivel. Aínda asi tiveron as súas opcións os locais de sentenciar ó contragolpe a través de Marcos, un gran Chungui e Javi. Tamén os pontevedreses tiveron dúas boas ocasións.
Os azuis siguen en unha zona complicada, a esta hora, cuartos pola cola con 10 puntos pero esta victoria é un balón de oxíxeno ó que tentarán dar continuidade a vindeira semana na visita á Coruña para enfrontarse ó complicado Calasanz.
Carballo alineou a Julián, Gogas, Isma Prieto, Toti, Guille (Hugo 87), Juan, Kilian (Isma López 79), Chungui (Samu 68), Marcos (Javi 77), Xabi Pellón e Alex Cabarcos.
xuvenil_01.jpg


xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios