LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 2 BERGANTIÑOS 2

Dia triste pra o xuvenil de Liga Nacional que veu como lle empataban no desconto un partido que estivo a piques de gañar.
E iso que eran os da terra de Carballo os que se adiantaban, pero rápido Marcos igualou. Pouco antes do descanso, nun penalti sobre Kilian o gran Chungui marcaba con temple.
Tamén puido marcar no 37´ o As Pontes cando Kilian lle gaña a partida o defensa en velocidade, queda so ante o porteiro e manda fora por pouco.
Na segunda metade, a pesar de que o As Pontes se replegou, houbo oportunidades pra o cadro local, a maioría partiron das botas de Kilian, hoxe estivo sensacional o de Cariño, con boas ocasións para Chungui, Marcos ou Alex.
Sen embargo, co marcador a favor igual que contra o Arousa o As Pontes ten tendencia a recuar, e hoxe, a pesar de merecer gañar, atopouse coa cara amarga do destino, si o mércores era o xuvenil b o que celebraba con alegría e alborozo o empate no último minuto, hoxe tocoulles ós do Bergantiños ante a desolación da parroquia local.
xuvenil_01.jpg


No desconto, nun saque de córner e cun remate de cabeza libre de marca empataba o cadro vermello, e voaban dous vitais puntos do campo do Poboado.
Pero sacando a lectura positiva, o equipo está nunha boa dinámica, pasou de estar último cun so punto a ser quinto pola cola con catorce, agora mesmo descenden cinco e non seis, nunha dura loita na que aínda quedan 20 xornadas por diante, e sobre todo, hoxe o estadio presentaba unha entrada máis que aceptable, e que siga asi no que queda de temporada.
A semana que ven os ponteses visitarán Vigo pra enfrontarse ó Alerta Travesas, que ten catro puntos máis que os locais, asi que será un duelo vital pra os de Carballo que hoxe alineou a Julián, Gogas, Isma Prieto, Toti, Guille, Juancito, Alex Cabarcos, Chungui (Ismael López 75´), Marcos (Santalla 85´), Xabi Pellón (Juan Donapetry 69´) e Kilian.
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios