Amigus
As Pontes

LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 5 ALERTA TRAVESAS 1

O Xuvenil de Liga Nacional aínda segue con vida tralo empate do San Roque en Nigrán ante o Val Miñor e a súa victoria ante o Travesas por 5 a 1.
O As Pontes saiu a facer o seu partido sen pensar no resto de marcadores e xogou un gran encontro no que gañaron por 5 a 1 ó Alerta Travesas de Vigo, que sumado ó 4-1 ó Calasanz coruñés confirman a boa dinámica nas últimas xornadas, magoa que so queden dous encontros.
Comezou adiantando ós locais Javi, pero empataron os vigueses. Por parte local lamentar a lesión de Totti neste primeiro período.
xuvenil_01.jpg


No segundo tempo os azuis foron un vendaval e dous goles de Chus e outros dous de Dani, certificaron a victoria local. Ademáis destacar un tiro á cruceta de Javi. Arbitrou o encontro o colexiado ferrolán Landrove Lago.
O cadro de Carballo é cuarto pola cola con 27 puntos a falta de dúas xornadas. Por detrás están Chantada con 26, Travesas con 23 e Areas con 22, por diante Montañeros B con 30 pero este equipo xa está descendido matemáticamente polo descenso do seu equipo A de División de Honra, co cal a criba da salvación está no San Roque que ten 32 puntos.
A semana que ven visitan ó Victoria de A Coruña que por desgracia se está xogando o ascenso e necesitan un triunfo e agardar un favor en forma de empate ou victoria do Deportivo B en Vigo ante o San Roque para depender de si mesmos na última xornada na que reciben ó equipo vigués.
Xogaron Julián, Alex Cabarcos, Isma Prieto (Isma López), Totti (Kilian), Beto, Juancito, Xabi Pellón, Abeás, Marcos (Dani), Chus e Javi (Santalla).
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios