Liga Nacional Xuvenil. CD As Pontes 0 Racing de Ferrol 2. Juan e o pontés Vilasuso dan a vitoria ó Racing.

Vitoria do Racing de Ferrol perante o As Pontes na tarde de hoxe co que o conxunto departamental acercase máis ó seu obxectivo de conseguir o ascenso a División de Honra, anque aínda queda moita Liga, e paso atrás dos ponteses, que pese a este tropezo ante un bo equipo están a realizar unha gran campaña. Xogaron polo As Pontes Iván, Vicente, Noé, Kiko, Cristian, Alex Antón, Amado, Junior, Diego, Borja e Carba. Na segunda metade entraron Miguel, Fernando, Michel e Alex Fresco. Polo Racing xogaron Iván, Pablo, Jorge, Rodrigo, Fabricio, Rubén, Diego, Chis, Permuy, Juan e Adrián Vilasuso. No segundo tempo entraron Colo, Marcos, Fran e Coqui. Arbitrou o encontro o colexiado ferrolán Javier Iglesias Villanueva, que amonestou ós locais Vicente, Alex Antón e Noé, e favoreceu nalgunhas xogadas ó equipo visitante, malia todo, non influiu no resultado final. Na primeira metade houbo maior dominio local, con boas ocasións para Borja e Amado. Pero na segunda metade dominou algo máis o Racing e tivo as súas ocasións por medio de Chis e o xogador da selección galega sub18 Permuy. Pero cando semellaba que o partido ía rematar en empate, a falta de 10 minutos, tras un saque de córner, Juan remata de cabeza sen oposición e marca o 0-1. Pra maior tristeza local, a falta de dous minutos, unha boa xogada por banda de Diego e rematada a pracer polo fútbolista pontés Adrián Vilasuso para establecer o 0-2 definitivo.

futbol_1.jpg


futbol_2.jpg
futbol_3.jpg
futbol_4.jpg
futbol_5.jpg
futbol_6.jpg
futbol_7.jpg
futbol_8.jpg
futbol_9.jpg
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios