MALENA MIERES CONVOCADA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB19

Sexta futbolista de As Pontes en ser convocada por unha Selección Española

Grandes noticias nos chegaban esta tarde, i é que a futbolista pontesa do RC Deportivo de A Coruña, Malena Mieres García ven de ser convocada para uns adestramentos da Selección Española Sub19.

Levaránse a cabo do luns 29 ó mércores 31 en Las Rozas. Tamén acuden as súas compañeiras de equipo, Tere Abelleira e Nuria Rábano.

Aínda con un ano menos, Malena participará xunto a outras 23 compañeiras, e con ela van outras dúas porteiras, a gran Noelia Ramos, doble Campiona de Europa Sub17 Islandia 2015 e Sub19 Irlanda do Norte 2017, que tamén foi bronce no Mundial Sub17 Jordania 2016, e Isabel Rodríguez, do Atlético de Madrid.

Malena Mieres convírtese así na sexta futbolista de As Pontes en ser convocada por unha selección española. Xoel González foi convocado en 1997 por España sub15, Adrián López en 2002 por España sub15 e en 2007 por España sub21 para o partido xogado en Ponferrada, España 3 – Polonia 0. Dani Carballeira fora convocado por España sub15 en 2005.

Enrique Fornos foi convocado pola selección española sub17 en 2014, acudindo tamén ó minitorneo de clasificación de Rusia, xogando o partido contra o equipo local (1-1), e sendo suplente contra Gales (1-0) e Suiza (0-1).

Mención aparte merece David Rochela, que ademáis de ser Campión de Europa sub17 e Subcampión do Mundo sub17 xogou dous partidos con España sub15, once encontros con España sub16, dezaoito partidos con España sub17 e trece con España sub19, sumando un total de 44 partidos internacionais.

As 24 xogadoras convocadas son as seguintes:

Porteiras: Noelia Ramos (Levante), Isabel Rodríguez (Atlético), Malena Mieres (Deportivo)

Defensas: María Blanco (Atletic), Laia Alexandri (Atlético), Lucía Rodríguez (Tacón), Anna Torrodá (Barcelona), Ona Batlle (Madrid), Berta Pujadas (Espanyol)

Medios: Damaris Egurrola, Oihane Hernández, Oihane Valdezate (Athletic), Paula Fernández (Málaga), Tere Abelleira (Deportivo), Rosa Márquez (Betis), Nerea Eizaguirre (Real Sociedad), Alejandra Serrano (Valencia)

Dianteiras: Ana Marcos, Rosa Otermin, Carla Bautista (Atlético), Athenea del Castillo (Santander), Candela Andújar (Barcelona), Nuria Rábano (Deportivo), Elena Julve (Espanyol)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios