MALENA MIERES, CONVOCADA POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB20

Para uns adestramentos con vistas ó Mundial de Francia

A futbolista pontesa do RC Deportivo de A Coruña Malena Mieres García ven de ser convocada, xunto á súa compañeira de equipo Nuria Rabano, pola Selección Española Sub20 de cara a uns adestramentos que se levarán a cabo a vindeira semana, do 23 ó 25 de Abril, en Las Rozas.

Serán os primeiros adestramentos do combinado español de cara ó Mundial que se disputará en Francia en Agosto e no que España acude como Campiona de Europa sub19 do ano pasado, tras gañar na final precisamente a Francia 2-3.

No evento España está nun complicado Grupo C, con Estados Unidos, tres veces gañador da competición, Xapón, equipo que conta con unha gran xeneración que gañou o Mundial sub17 en 2014 e foi subcampión en 2016, e Paraguay.

Nesta convocatoria de 24 van catro porteiras, Isabel Rodríguez e Noelia Ramos, que xa acompañaron a Malena nos anteriroes entrenos, e Sandra Torres, do Levante, acudindo dúas porteiras do mesmo equipo.

Isabel e Noelia foron as dúas porteiras escollidas polos seleccionadores hai apenas vinte días para a disputa da fase de clasificación ó Europeo sub19 nos que España gañou a Turquía (5-0), Irlanda (3-0) e Austria (3-0).

As 24 convocadas son as seguintes:

Porteiras: Isabel Rodríguez (Atlético), Noelia Ramos, Sandra Torres (Levante), Malena Mieres (Deportivo)

Defensas: Andrea Sierra (Athletic), Carmen Menayo, Laia Alexandri (Atletico), Lucía Rodríguez (Tacón), Ona Batlle (Madrid), Berta Pujadas (Espanyol), Cintia Montagut (Valencia)

Centrocampistas: Maite Oroz, Damaris Egurrola (Athletic), Aitana Bonmatí, Patricia Guijarro (Barcelona), Silvia Rubio, Yasmine Katie (Madrid), Paula Fernández (Málaga), Paula Sancho Valencia)

Dianteiras: Lucía García, Ane Azcona (Athletic), Laura Pérez (Granada), Nuria Rábano (Deportivo), Candela Andújar (Barcelona)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios