MALENA MIERES ENTRE AS 18 CONVOCADAS PARA CATALUÑA

Entra na lista definitiva para o torneo desta fin de semana no que participan Cataluña, Illas Baleares e Galicia

Entra na lista definitiva para o torneo desta fin de semana no que participan Cataluña, Illas Baleares e Galicia

A xogadora pontesa Malena Mieres García entrou na lista definitiva da Selección Galega sub18 para a disputa da primeira fase do Campionato de España.

Complicado grupo xa que se enfrontarán con Cataluña e as Illas Baleares en Castelldefels. Este sábado día 17 enfrontaránse á selección balear ás 12:00, e o domingo 18 contra a selección local á mesma hora.

Acuden as internacionas Nuria Rábano, Tere Abelleira e Lía Muíño, e a xogadora de Cariño, María Corral.

As 18 convocadas son as seguintes:
RC Deportivo de A Coruña: Malena Mieres, María Corral, Nuria Rábano, Rosalía Muíño, Teresa Abelleira
Atlántida Matamá: Lara Martínez, Laura Vázquez, Noelia Pereira, Sara Deben
CPM Friol: Andrea Merino, Goretti Neira, Lucía Pardo
Victoria CF: Ángela Choren, Carmen Sumay, Tatiana Barcia
O Olivo: Inés Faro
Sárdoma CF: María Calvar
CCAR Valadares: Ana Iglesias

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios