MALENA MIERES, PRESELECCIONADA PARA O EUROPEO DE SUIZA

Seleccionada xunto a outras 23 xogadoras, das que 20 acudirán a Suiza

A xogadora pontesa Malena Mieres García ven de ser convocada xunto a outras 23 xogadoras para a concentración con vistas ó Europeo Sub19 que se xogará en Xullo en Suiza e das que finalmente acudirán 20.

Este 2018 trátase dun ano especial, pois España xogará tamén en Agosto o Mundial Sub20 en Francia. Liderarán este equipo as culés Patri Guijarro e Aitana Bonmatí, que xa son habituais da absoluta, tamén destacan Carmen Menayo, Lucía García e Maite Oroz, e acuden ata 14 xogadoras que por idade poderían estar en Suiza.

Serían as porteiras Noelia Ramos e Isabel Rodríguez, as defensas Ona Batlle, Lucía Rodríguez, Laia Alexandri e Berta Pujadas, as centrocampistas Damaris Egurrola, Paula Fernández e Silvia Rubio, e as dianteiras, Candela Andújar e a deportivista Nuria Rábano.

Incluso acuden tres xogadoras con tres anos menos, Campionas de Europa Sub17 hai un mes en Lituania, que seguramente doblarán en Novembro no Mundial Sub17 de Uruguay, Cata Coll, que acudirá a Francia como terceira porteira, Eva Navarro, autora dos dous goles na final ante Alemaña, e Claudia Pina, que si ben non puido estar por lesión, marcou 15 goles na Fase de Clasificación.

Con respecto ó Europeo Sub19, 21 das 24 convocadas teñen un ano menos, é dicir, son do 2000, agás Natalia Ramos e Yasmine Katie, que son do 1999, e María Echezarreta, que é do 2001.

Malena é a única das tres porteiras que este ano foi convocada para adestrar, dúas veces, coa selección española, e pelexará polas dúas prazas en Suiza xunto a María Subíes (Secció Desportiva) e María Echezarreta (Oviedo).

As outras convocadas son, en defensa, Laia Codina e Anna Torrodá (Barcelona), Natalia Ramos e María Jiménez (Levante), Itziar Pinillos (Atlético) e Alba Pérez (Granada).

No medio campo a súa compañeira Tere Abelleira (Deportivo), xunto a Athenea Del Castillo (Santander), Yasmine Katie (Madrid), Laura Gutiérrez (Oviedo), María Llompart (Espanyol), Rosa Márquez (Betis), Nerea Eizaguirre (Real Sociedad), Olga Carmona (Sevilla), e Alejandra Serrano (Valencia).

Arriba destaca a dianteira máxima goleadora do Mundial Sub17 Jordania 2016, Lorena Navarro (Tacón), posición na que tamén acuden Carla Bautista, Ana Marcos e Rosa Otermin (Atletico), Oihane Hernández (Bilbao) e Elena Julve (Espanyol).

O Europeo Sub19 ten como participantes a Suiza, Francia, Noruega e España no Grupo A, e a Alemaña, Italia, Holanda e Dinamarca no B. Dentro do gran nivel do torneo, dado que Francia, Alemaña, Holanda e España son os catro equipos do continente que estarán no Mundial Sub20 con varias xogadoras que poderían ser seleccionables no Europeo, o evento prevese moi igualado entre os oito participantes.

Concentranse o 2 de Xullo en Las Rozas e o día 6 coñeceránse as 20 seleccionadas que voarán o día 16 a Suiza, xogando España o día 18 contra Noruega, o 21 co equipo helvético, e o 24 con Francia, clasificando os dous primeiros a semifinais.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios