Amigus
As Pontes

Medalla de ouro para os irmans Castro no Campionato de España Cadete

O pasado fin de seman celebrouse en Almussafes (Valencia) o XIV Campionato de España Cadete no que participaron os irmans Castro , únicos galegos presentes en dito Campionato.
A competición desarrollouse o sabado pola tarde con vento racheado o que añadio un extra de dificultade a dita competición.
Despois dunhas series dispares en puntuacións, Daniel remataba o round de clasificación en 2º lugar cunha puntuación de 629, ascendendo dende a 4 posición do primeira serie; Cristina remataba en 7 ª posición con 521. Por outra banda a suma das suas puntuación (1150 puntos) les daba a 3ª posición na cclasificación por equipos co que pasaban a fase final do Campionato por equipos.
Empezaba as eliminatorias Daniel o sabado na fase de 16avos, superando o arqueiro de Castela-Leon Fernandez Sánchez por un 6 a 0 Cristina tiña pase directo a oitavos, que non se celebrarian ata o Domingo pola maña.
Na fase de oitavos Cristina caia por un 0 a 6 ante a catalana Pla Manjavacas. Rematando o campionato na 9ª Posición.
Daniel na fase oitavos no foi quen de superara o balear Baena Guirado, e foi a derradeira frecha a que deu a victoria o balear, perdendo a eliminatoria por un 4 a 6. O que final mente lle da a 9ª posición no campionato.
Si o vento complicou a competición o sabado o domingo non foi menos, xa que ademais de aumentar en intensidade e rachas fortes, cambiou de dirección, polo que todo o correxido o día anterior non sirveu de nada.
Asi as cousas tocaba esperar a disputar as finais de equipos, no que enfrontaron a Navarra a que superaron sin excesiva dificultade por un 5 a 1, para na final enfrontarse equipo anfitrión, o da federación valenciana, e proclamarse campións por un 6 a 2.
CIMG1248.JPG


Nova cortesía Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios