MIGUEL ALVARIÑO GARCÍA, UN PONTÉS SUBCAMPIÓN DO MUNDO. POR XOSE FERREIRO

Este 2013 está a resultar moi prolífico para o deporte pontés, entre outros moitos logros, podemos presumir de ter dous novos Campións de Europa, Antonio Polo e Gabriel Tembrás, e un Subcampión do Mundo, Miguel Alvariño García (As Pontes, 31-5-1994).
O deportista pontés conseguía a medalla de prata nos Mundiais Junior de Tiro con Arco que se desputaron en China no mes de Outubro, na modalidade de Arco Recurvo Mixto, despois de caer na final, coa súa compañeira Mirene Etxeberría, ante o todopoderoso equipo de Corea do Sur.
Engrosa Alvariño a longa lista de medallistas ponteses internacionais, Gema Buitrón, Lucía Legaspi, Susana Castro, Olalla Barcia, Vanessa Carballeira, Obdulia García, Susana Bellas, Jose Rodríguez “Cope”, Artemio Formoso, Roberto Rivera, Borja Prieto, David Rochela, Mario Calzas, Dani Feijoo, Antonio Polo, Gabriel Tembrás, Javier Mieres, Jose Ramón Corral, e tamén ó borde do metal estiveron Carlos Mieres e Serafín Fontao.
Ós seus 19 anos Miguel ten que adestrar e desfrutar, sen máis presión da que xa da de por si o deporte a alto nivel, pero, despois sobre todo de Borja Prieto, Gema Buitrón, Lucía Legaspi, Dani Feijoo ou David Rochela, ¿por que non soñar con que os Xogos Olímpicos salden esa débeda histórica que teñen con As Pontes?
De momento, aínda saboreando a medalla de prata, conseguimos falar uns minutos co home do momento. Achegamonos a un adestramento (fotos cortesía Antón Ferreiro) de Miguel Alvariño para ver o día a día de este rapaz que prácticamente vive por e para o seu deporte e os estudos, e estas son as súas impresións.
miguel


Ola Miguel, antes de nada, noraboa por este gran logro e gracias por estes minutos. No Mundial competiches a nivel individual e por equipos mixto, contanos como foi esa tirada individual na que fuches 21º na previa, e logo nas roldas eliminatorias quedaches exento da primeira e na segunda por desgracia perdiches na frecha de desempate co alemán Lukas Maier.
Ola, gracias a ti, pois a tirada de clasificación fixena moi ben, empecei tan ben que non o creía, a ver, si que o creía, pero poñíame máis nervioso por seguir facendoo igual de ben, porque estaba nun posto moi alto, de feito cando tiraba en 90 e 70 metros estaba de 17º, pero logo nas distancias curtas colleronme varios, e acabei de 21º de 85 competidores, pero moi ben.
E a eliminatoria eu pensei que non me iba a dar tantas compricacións, porque o alemán acabara 44º na previa, e non pensei que ía a “enchufar” tanto, estábamos tirando os dous, eu fixen un 29, e él fixo un 30, e ahí xa me meteu medo, despois pensei que igual tivera algo de sorte, e seguín tirando, e metín outro 29, e él fíxome outro 29, e entroume o medo e pensei que podía perder, e na seguinte gañeille e fomos 5-5 á frecha de desempate, e despois estábamos os dous anclados, xa para tirar, e xusto a él sonoulle o clicker antes que a min, eu estaba a punto de tirar e descolocoume, baixeime, e volvín subir para tirar a frecha, pero non sabía o tempo que me quedaba, cando me levantei quedaban 10 segundos para poder tirala, e os que estaban detrás miña non me avisaron, e tireina rápido e ó final saiu un 7,e a él saiulle un 9.
Por certo, agora que o comentas, isto xa llo preguntei a Gema no seu día, ¿ti eres máis partidario do sistema tradicional que se facía antes que gañaba o que sumara máis puntos nas eliminatorias, ou o que hai agora por sets, que da máis lugar ó factor sorpresa? De feito lémbrome que no Mundial 2011 no que competira Gema gañara unha chilena, Van Lamoen, que fora 36ª na previa, e logo foi gañando sets e pasando roldas ata gañar o ouro!
Eu son máis partidario do de antes, porque era máis xusto, ti fíxate, os tres primeiros clasificados da previa non foron os tres medallistas finais, eliminaron a todos os bos.
E neste torneo ¿viches a algún arqueiro que che gustara moito?, e xa falando máis a nivel xeral, ¿hai algún no que te fixes?
O francés Prevost, o que marcou o mellor rexistro na previa, xa o vin en Riom, é un ano menor ca min, e faino moi ben, e logo dos maiores gustame moito Im, un coreano, e máis o estadounidense Brady Ellison, que batiu o récord do mundo no seu día, e en composto outro norteamericano, Reo Wilde.
Im tamén lle gustaba moito a Gema (risas), contanos como foi esa competición de recurvo mixto na que conseguiches a medalla de prata, despois de vencer sucesivamente coa túa compañeira Mirene Etxeberría a Turquía (139-135), China (144-143), Rusia (143-141), para caer na final cos todopoderosos coreanos do Sur (137-150).
Pois comezamos contra Turquía, e a eles veíaselles que estaban nerviosos e nos non tiñamos nada que perder en realidade, pois eles foron 6º na previa e nós 11º, e íamos tirando e veíamos que íamos gañando, a rapaza que tiraba conmigo eu noteille que estaba nerviosa, e eu pasaballe o brazo, intentaba animala, e ó final gañamos. Despois tocounos China, que si que foi emocionante porque faltabanme duas frechas, e penso que necesitaba dous deces, e a presión era toda para min, porque estábamos igualados, e eu mirei que eles sacaron un 8, e dixenme “Maikel, tes que aproveitar, tes que metelas como sexa”, e metín a primeira que foi un 10 e metín a segunda que creo que foi outro 10, berrabanme “Vamos Maikel”, eu estaba un pouquiño nervioso pero pensaba “tela que meter, tela que meter que así collemos medalla!”, e así foi, conseguino, e empezaron a berrar, imaxínate que subidón, gañamos por un punto! A Rusia tamén lle gañamos pero en esa eliminatoria íamos mantendo a distancia. E logo Corea do Sur, por riba non nos levaron a ver ningunha final e eu nunca estiven en unha final dese calibre, e eu non pensei que sería como unha final de Im contra Brady Ellison, pensei que sería outra cousa, pero o recinto estaba cheo, había cámaras, fotógrafos, un montón de xente e unha pantalla xigante incluso, e estabas tirando e estabaste vendo e iso a min non me gustaba nada que me poñía moi nervioso, eu comentaballo ó meu adestrador coreano, Hyung Mok Cho “estoy muy nervioso, voy a tirar, pero estoy muy nervioso”. E o noso adestrador, a pesar de ser coreano, quería que gañaramos e animabanos moito, pero sabía que era moi compricado.
(Risas) ¿E que me comentas da túa compañeira, a prometedora vasca Mirene Exteberria, que hai pouco incluso foi prata individual e por equipos nos Xogos do Mediterráneo?
Ela para min é moi boa rapaza e tamén tira moi ben, quizáis ten moita dependencia do seu adestrador, pero é moi boa, e boa xente tamén, non so como arqueira.
E do país chinés ¿que me contas?, recordo cando falaba con Gema que sempre me dicía que anque viaxaba por moitos países botaba todo o día no campo de tiro, ¿tivechedes ocasión de ver algo de Wuxi e de China?
Houbo dous días que tivemos libres para poder pasear e China e a localidade de Wuxi gustoume o que pasa é que a comida non me gustou tanto (risas), de feito contoche unha anécdota, estábamos comendo e había unha sopa de pato, pero ía a cabeza do pato dentro da sopa (risas), incluso houbo un alemán que estaba comendo, tomou 3 ou 4 culleradas e logo veu a cabeza e puxose a vomitar alí, e todas as delegacións ríndose do pobre rapaz (risas).
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
(Risas) ¿Cando empezaches no mundo do Tiro con Arco e por que?
Empecei en decembro de 2008, eu estaba aquí no As Pontes de fútbol, pero había que adestrar e correr chovendo e granizando incluso e non me iba eso, e despois metínme en karate, pero había que facer moitas katas e aburríame, eu o que quería era competir ou algo polo estilo, e logo veu un día o Clube Sílex ó Colexio Monte Caxado, que era onde estaba estudiando eu daquela, eu non sabía nin que existía o Tiro con Arco, pensei que so era nas películas (risas), e tirei 2 ou 3 veces e dinlle ao amarelo, e díxome o que hoxe en día é o meu adestrador que era moi bo, que podía chegar lonxe e que tiña que probar algún día en serio a ver si me gustaba, e eu viña algún mércores, ou algún venres, cando me apetecía, fun comezando a tirar, e despois levaronme a un Campionato a Narón e quedei de segundo ou de terceiro, e eu pensei que para ser o meu primeiro campionato fixerao moi ben, e despois gañei o meu primeiro campionato galego, e empecei a gañar cousas e preguntoume o meu adestrador que a onde quería chegar, e eu dixenlle que a ser Campión de España, e no meu segundo Campionato de España Cadete xa quedei de terceiro, e tamén segundo nunha liga de Cadetes dese mesmo ano, e dende aquela xa estou enganchado.
Se che falo do Clube Silex e de Manuel Buitrón ¿que me dis?.
O Clube moi ben, foi o que me fixo como deportista desde que empecei e estou moi contento aquí, e Manuel Buitrón, pois é o que me adestrou dende moi novo, aquí hai dous adestradores, Alfredo e máis el, pero Alfredo daquela entrenaba na escola municipal, entón eu quedei a cargo de Manolo, e él é o que me adestra, faime os plans de adestramento … e estou moi contento con él. Exixente como hai que ser, pero boa persoa, de bo corazón, e agradecido.
E si che pregunto pola gran Gema Buitrón
Gema … ten carácter (risas) … pero é moi boa, moi boa, eu aprendín moito dela cando empecei, ela era a que estaba arriba de todo e para min era un referente.
miguel
miguel
(Risas) Grande Buitrón! ¿E como ves a canteira de Tiro con Arco, tanto a nivel de As Pontes como da comarca ou de Galicia incluso?
Eu aquí os que vexo son os irmáns ponteses Dani e Cristina Castro, e logo en toda Galicia dígoche un moi bo que é Gabriel Galante, ese si sigue vai chegar á elite, terá sobre uns 14-15 anos, é de Alfoz.
Anque acabas de comezar como quen di, fuches bronce de España Cadete en 2011, bronce con España por equipos xunto a Rodriguez e Fernández no Grand Prix de Francia en 2012, bronce no Campionato de España Absoluto 2013, prata agora en China, varias veces campión galego … Aparte deso, ¿algunha outra medalla de relevancia?
Pois no Campionato Galego levo tres anos sen perder tanto en Sala como ó Aire Libre, tamén teño Grandes Premios a nivel de España, e nos Grand Prix, en junior gañei todas as medallas de ouro, e logo en senior un bronce.
E bastante é, que so tes 19 anos (risas). E logo experiencias internacionais coa selección, fuches a Nimes, a Riom, onde fuches bronce por equipos despois de perder con Rusia en semifinais e vencer a Italia na loita polo 3º e 4º posto, e logo esta última de China, ¿Qué me podes dicir das dúas experiencias en Francia?
Pois a primeira foi en Nimes en 2012, que tiven que ir pagando, e fun porque quixen ir a ver como era todo este mundiño pero a nivel internacional, vin a Brady Ellison, que fixo o record do mundo ese ano, alí en sala, e tirei moi ben, e iso que estaba moi nervioso, pero quedei de 17ª no corte e pasaban 16, e en Riom fun 9º en individual e bronce por equipos.
Sei que renunciaches a ir á Residencia Joaquín Blume, por certo, todo un mito do deporte español bastante descoñecido por desgracia, por adestrar aquí en As Pontes e estudiar Electromecánica en Ferrol, contame un pouco sobre iso.
Pois eu non quixen ir, e incluso ofreceronmo este ano outra vez, pero non sei si irei, probablemente non, si me sigue indo ben aquí, porque ir alí, hai moita presión, eu quero adestrar moito, pero tampouco me gusta que me obriguen, eu quero ir ó meu aire, ollo, eu adestro todos días igual ou máis que os que están alí, de feito xa empezo este luns día 5 outra vez, e alí hai moita presión, a xente que está alí tamén quere o mesmo ca ti lóxicamente, estar no equipo nacional, querenche gañar, si che gañan podenche coller a praza, e eu prefiro estar aquí, non se sabe nin o que adestro nin o que non adestro, ó meu aire, e coa miña familia, porque ti alí tes un problema e meteste na habitación, porque non lle vas contar as túas debilidades ós arqueiros, senon … (risas).
(Risas) ¿Pero ti canto tempo e cantos días soes adestrar á semana e como o compaxinas cos estudios?
Pois adestro seis días á semana, e logo, teño un plan de adestramento, por exemplo, desde as 08:30 ata as 13:00 ou 13:30, estou tirando frechas, logo vou comer, e teño clases pola tarde, por exemplo, este luns e o xoves entro sobre as 19:15, pois adestro de 14:30-15:00 a 16-16:30, logo vou ó ximnasio da piscina, e estou hora ou hora e media, e despois duchome, vou a Ferrol, vou a clase e chego sobre as 23:00 a casa, e o mércores, ese día xa adestro máis porque entro máis tarde, ás 20:30, o martes e venres xa menos porque entro antes, 18:15, pero eu tiro con arco-estudio-tiro con arco-estudio.
Mi madriña, ¿e cantas frechas podes tirar ó día e á semana?
Ó día cando estou adestrando moito suelo tirar sobre 400 frechas así que calcula á semana … (risas)
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
miguel
(Risas) Nas probas de selección para o equipo español, fuches cuarto clasificado e primeiro reserva do equipo, ¿cómo son esas duras cribas e que agardas para o 2014?, ¿e si che falo do 2016? (risas).
Pois fíxate si son duras que había unha competición e un dos que estaba deixou de tirar pola presión. Eran varios fins de semana nos que facíamos o clasificatorio, e sumando todo eran 8 FITAS polas mañás e 16 eliminatorios polas tardes, todos contra todos, se gañabas unha eliminatoria era un bonus, e logo os FITA pois tamén che daban bonus, e o que máis bonus tivera sumando o primeiro e o segundo clasificatorio formaban o equipo español, ou sexa, o primeiro, segundo e terceiro clasificado, que bueno, en realidade o equipo A eran o primeiro e o segundo, o terceiro e o cuarto xogabamolo entre nós, Elías Cuesta e máis eu, pero eu gañeille todo o ano, nos dous GP gañeille eu, e no Campionato de España Absoluto tamén lle gañei eu, pero como Elías é máis veterán e foi as Olimpiadas, pois … pero en realidade debería de ir eu.
Pero é que ti tes uns compañeiros, que por sorte ou por desgracia para ti, son uns cracks, Elías como che digo estivo nas Olimpiadas, é o máis veterán, por dicilo dalgunha maneira que son ten 28 anos (risas), e logo están dous noviños que meten medo, Antonio Fernández, que foi ouro e prata nos Xogos do Mediterráneo e Campión de Europa Junior, e Juan Ignacio Rodríguez, tres veces Campión de Europa Junior, recordman mundial da categoría …
Juan Ignacio, 22 anos, é moi bo, incluso o mellor, porque adestra moitísimo, traballao moito, e despois Yiyo, Antonio, da mesma idade, faime moita gracia porque vai sobrado, son moi bos, Elías tamén. Espero poder formar equipo con eles.
¿E algún que veña por debaixo aparte de ti?
En España por debaixo eu penso que hai dous, un que se chama Javi González, o que veu conmigo o Campionato do Mundo e foi 29º en individual e chegou á terceira rolda, e había outro que non sei porque non o levaron porque así por equipos seguramente poderíamos obter máis resultados, Sergio Del Olmo, eu penso que eses dous poden chegar a ser moi bos.
Miguel, ¿como se aguanta 144 tiradas a un obxectivo que está tan lonxe, con ese “almatroste”, que anque non pesa moito estirar a corda como comprobamos non é fácil precisamente (risas) de pé durante tantas horas?
Iso é ambición, hai que ter moita ambición, e logo gañas de facelo porque senon é moi aburrido e comeste a cabeza, hai que estar metido en acción e estar serio, non podes estar de colegueo, o colegueo despois de deixar o arco (risas). E tamén concentración, falamos ás veces co noso adestrador, de cómo concentrarnos, en que fallamos, imos a unha competición e sempre nos sentamos a falar.
Virtudes e defectos como competidor
Virtudes pode ser a ambición, o traballo día a día, a constancia, o sacrificio, e bueno, outras cousas xa chas terían que dicir outras persoas (risas), defectos, que me enfado bastante axiña, conmigo mesmo, aínda que as veces non debería, pero son moi exixente conmigo.
Como xa me dixeches practicaches o Fútbol e o Kárate, ¿algún outro deporte?
Karate, Fútbol e Fútbol Sala, a fútbol eu non xoguei, estivera adestrando bastante, pero non chegara a xogar, empecei a pretemporada pero logo cando chovía funme e metínme a Fútbol Sala, xogaba atrás, de cierre.
miguel
miguel
miguel
miguel
E iso que a túa xeneración futbolística era das boas, a de 1994, Alex Cabarcos, Juancito, Darío, Rubén, Criado … Unha curiosidade indiscreta, ¿por qué te chaman Maikel?
Para diferenciarme de meu pai, que tamén se chama igual, desde pequeno todos os meus coñecidos chamanme Maikel.
¿Que outras cousas che gusta facer dentro do pouco tempo do que dispós polos adestramentos e os estudios? (Risas)
(Risas) Pois andar por ahí polo monte, agora por exemplo para buscar setas, andar en bici, ir ó cine, tomar algo cos meus amigos na miña casa e ver algunha película, e contar as aventuras que facíamos cando saíamos moito (risas).
(Risas) ¿Como te gustaría verte nun futuro tanto deportiva como persoalmente?
Ogallá puidera ir a unhas Olimpiadas, traballarei para elo, e logo gustaríame ter un taller de coches, que me gustan moito os coches, é a miña ilusión, e sempre o dixen desde pequeno, é que antes de morrer quero poder correr un rally.
Vaia, ¿e que pilotos che gustan?
Pois Vallejo e Pedro Burgo.
¿Alonso?
Alonso si que me gusta, pero o que pasa é que agora como non ten coche e sempre gaña Vettel, xa me aburrín e xa non vexo as carreiras (risas).
(Moitas risas) A min pásame algo parecido, e si me permites a broma, Fernando xa que lle gusta tanto o ciclismo nas últimas carreiras podía correr en bicicleta, que moito máis lento que co seu coche non creo que fora (risas). ¿Algún agradecemento para finalizar?
Pois agradecerlle ó meu adestrador por confiar en min e por adestrarme, e máis a Xaquín Mira e a Gema Buitrón, e compañía, pola súa axuda, e agradecerlle tamén ós meus pais porque queiras ou non tamén teño o seu apoio e sacrifícanse moito por min e polo meu deporte.
Por certo, seica andas buscando algún patrocinador ou algún tipo de axuda para os teus múltiples gastos, así que a ver si con esta entrevista conseguimos que alguén se anime. Moitas gracias e moita sorte Maikel!
Gracias a ti!

También podría gustarte
Comentarios