CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA: 8/9/10 – Novembro – 2013

feminino
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes – SDR Bertón (1-2)
Mal de alturas do segundo equipo pontés, que perdeu como local o primeiro partido da temporada. Tivo que xogar no forzado exilio do campo capelán por mor do mal estado dos terreos de xogo do Poboado, un mal que se repite cada temporada cando caen as primeiras chuvias e os campos convértense en auténticas piscinas o que imposibilita a práctica do fútbol. A cousa non é de agora, pero é urxente unha rápida solución. Ademais, todo o mundo sabe que en Galicia chove.
O encontro disputouse o domingo no campo dos Calzados na Capela, ante o equipo que marchaba penúltimo, o Bertón, que gañou o seu primeiro partido da tempada ante o que era líder. Colmo de sorpresas, o colista Cariño venceu o equipo da Capela (3-1) que tamén liderou a táboa hai apenas un par de xornadas. Aproveitase o Cedeira para colocarse líder con 16 puntos e Neda segundo con 15. O As Pontes B, terceiro con 14 puntos visita ó complicado Ortigueira, cuarto con 13.
segunda


segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Victoria C.F. (3-2)
Moi ben o xuvenil, que quere seguir na Liga Galega e sacou un partido, que se lle complicou no primeiro tempo, a base de casta. Despois de chegar ó descanso con 0-1, incluso os visitantes puideron anotar algún máis, aínda que o As Pontes tamén tivo un disparo ó longueiro, dous goles consecutivos de Antonio, o primeiro a media volta e o segundo tras plantarse só ante o porteiro rival, máis un terceiro de Rivas da mesma factura, semellaban sentenciar o encontro, pero marcaron os coruñeses a pouco do final e houbo que sufrir ate o remate. Nas postrimerías o perigoso Antonio fixo unha xogada por banda que case acaba en gol, e no rexeite dispara Rivas e saca un defensa baixo paus, aínda que tamén puido empatar o cadro branquinegro cando o seu número 8 quedou só e ante a saída de Angel picou o balón e saíu lambendo o poste, incluso houbo tempo para unha dobre expulsión do recén entrado Lucho e un centrocampista visitante. Non se moveu o marcador e os azuis sacan tres valiosos puntos para seguir loitando pola salvación, cuartos pola cola con nove puntos empatan con Ural, e por detrás estarían Imperátor con 7, Betanzos con 6 e descolgado Fátima con 2.
Se a semana pasada eran dous, a día de hoxe habería tres, pero o tema dos arrastres e como a bolsa e a prima de risco, punto arriba, punto abaixo, unhas veces moitos, outras veces poucos. O que está claro é que ata o último momento non haberá nada decidido, así que mellor quedar o máis arriba posible. Difícil visita a semana que vén á casa do segundo clasificado, o Escola de Fútbol Lalín, precisamente o único equipo que logrou vencer ó líder Calasanz. Xogaron polos de Felipe Mieres: Ángel, Caínzos, Jandro, Gonza, Moi, Esteban, Diego, Iván, Antonio, Rivas, Brais Blanco e nos últimos minutos saíron Alex Fernández, Lucho, Alex Cabarcos e Brais Martínez.
img alt=”xuvenil” src=”http://www.amigus.org/web/archives/2013/11/13/xuvenil_0001.jpg” class=”mt-image-center” style=”text-align: center; display: block; margin: 0 auto 20px;” />
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA F8: CD As Pontes – AD Santa Mariña (3-0)
O equipo feminino venceu 3-0 a un bo rival como era o do Santa Mariña, que ata onte marchaba por diante. Os goles chegaron todos no segundo tempo, primeiro marcou Paula, que anotou de tiro cruzado tras un maxistral pase da onte capitá Carlota, logo foi Lía que tirou un centro chut perigoso que se lle acabou colando á porteira visitante. Quinto gol para Paula e Lía, as pichichis do equipo. Xa preto do final foi Ángela Cal a que empurrou o balón ó fondo das mallas ante a saída da porteira. Aínda tivo sorte o cadro azul porque puido marcar o tanto da honra o cadro amarelo, pero cando o balón ía entrar topou cunha poceira e conseguiu atrapar Alba. Tres bos puntos para o cadro de Pita, que escala á sexta posición con 13 por detrás dos distanciados Racing de Ferrol (24), San Sadurniño (21), O Val B (21), Maniños (19) e Mandiá (19).
Sinalar o lamentable estado do terreo de xogo, totalmente embarrado e con poceiras e sen banquiños para os equipos. Visita ó Galicia de Mugardos a semana que vén, que vai duodécimo con seis puntos. Xogaron Alba, Silvia, Andrea Pita, Ángela, Uxía, Sara, Noelia, Carlota, Yara, Lía, Nicole, Paula e Patri Dopico. Arbitrou Bejarano Estepa.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
COPA INFANTIL: Narón BP B – CD As Pontes (0-8)
Segue na pelexa o infantil tras gañar 0-8 ó Narón BP B. A falta de tres xornadas, aaínda que o Racing de Ferrol B non cede e suma 30 puntos cun partido máis, non desaniman Portuarios e As Pontes que o perseguen con 24, xa máis lonxe O Val con 21 e San Pedro e Perlío con 18. Xornada clave o vindeiro sábado pois descansa o Ferrol B e o As Pontes deberá gañar ó Ortigueira para meterlle presión, hai que ter en conta que a última xornada depara un As Pontes-Racing de Ferrol B. Dani e Sergio Otero marcaron tres goles cada un por dous Eloy.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F8 (1ª Fase)
Gª Mugardos – CD As PonteS (3-3)
CD As Pontes B – CDE San Sadurniño (2-3)
O Alevín A empatou a 3-3 en Mugardos. É segundo con 20 puntos e na derradeira xornada xogarase o liderato co Amistade de Meirás, que comanda o grupo con 22 puntos. Marcaron Javi, Xoel e Joan.
A piques estivo o Alevín B de conseguir o seu primeiro punto pero perdeu co San Sadurniño por 2-3. Sergio e Alejandro foron os autores dos tantos ponteses. Na derradeira xornada visitan ó Miño. Xa está asegurado que o Alevín A clasificará para o grupo A e o Alevín B para o grupo D.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F8 (1ª Fase)
Gª Caranza D – CD As Pontes (0-4)
CD As Pontes B – gª Caranza B (2-10)
Moi ben o Benxamín A que venceu POR 0-4 ó Galicia de Caranza D e escala á quinta praza con 12 puntos antes de recibir ó pechacancelas Cariño B na derradeira xornada no Poboado. Necesitan gañar e verse acompañados dunha derrota do Eume en Narón, e que tampouco gañe o R. Ferrol B, para clasificarse para o grupo A. Marcaron Hugo, Sergio, Xoel e Mateo.
O Benxamín B perdeu con contundencia (2-10) contra o segundo clasificado Galicia de Caranza B e mantense na quinta praza con 12 puntos. Álex Montero e Martín anotaron os dous tantos ponteses. Na derradeira xornada visita ó Rápido de Neda B. Necesita gañar e unha pouco previsible derrota do Mugardos B ante o colista Cedeira B para entrar no Grupo A.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F8 (1ª Fase)
CD As Pontes – R. Ferrol C (18-0)
SD O Val – CD As Pontes B (9-0)
Excesiva goleada do Prebenxamín A ante o Racing de Ferrol C. É segundo con 21 puntos e necesita, polo menos, empatar na súa visita ó Perlío para asegurar a clasificación para o grupo A e que O Val non consiga gañar na súa visita ó invicto Racing de Ferrol.
Precisamente, por 9-0 ante O Val perdeu o Prebenxamín B que tentará na última xornada conseguir o seu primeiro punto na visita do Ánimas, tendo garantido que xogará no grupo C.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios