Amigus
As Pontes

NOÉ CALVO PARDO GAÑA A COPA DE PORTUGAL DE FÚTBOL SALA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O futbolista pontés Noé Calvo Pardo conseguiu a fin de semana do 3 ó 4 de Maio a Copa de Portugal de Fútbol Sala tras vencer co seu equipo, o Fundao, ó Modicus (2-1) en semifinais, e ó Benfica (7-6), na final. O cadro benfiquista, todo un Campión de Europa en 2010, final na que derrotou ó Inter Movistar español.
Contanos Noé a súa andaina na Copa “Pois a primeira rolda, en dezaseisavos de final, eliminamos nin máis nin menos que ó Sporting de Lisboa, campión da Liga Regular, e subcampión de Europa en 2011, e ademáis na súa casa, a penaltis, tras empatar 4-4, ahí é cando comezas a darte conta de que podes facer algo importante, logo tivemos que eliminar a outros dous líderes da Segunda División, Portela (4-6) e Pinheirense (2-3), a domicilio, pavillón cheo, coa responsabilidade para nos, pois eles non tiñan nada que perder, e sobre todo gañar ó Pinheirense costounos moito, pois puxeronse dúas veces por diante e ó final conseguimos remontar”
Sobre os dous últimos encontros “Na Final Four vencemos ó Modicus en semis, 2-1, e a final foi como ten que ser unha final, intensidade, goles, prórroga, emoción ata o último momento, e realmente so marquei un gol, deronme dous, pero o outro foi un compañeiro meu o que rematou, eu estaba diante do porteiro e deixeina pasar entre as pernas, por sorte conseguín despistalo e entrou, pero non toquei o balón. Foi incríble, un pavillón precioso, cheo a rebosar, con dúas grandes afeccións, faiche pensar que todo o traballo diario paga a pena so por poder vivir un día coma este”.
Unha vez concluida a Copa as súas esperanzas centranse na Liga, inmersos nos play offs de cuartos de final, “O ano pasado acabamos cuartos, a mellor clasificación na historia do clube, con récord de puntos, este ano, mesmo plantel, so fixemos dúas fichaxes, e comezamos moi mal a primeira volta, os catro de arriba escaparonsenos, pero na segunda conseguimos recuperarnos e acabamos quintos. Nos play offs encaramos a Leoes de Porto Salvo, cuartos, e gañamos 6-2 o primeiro partido e agora esperanos a volta na súa casa esta fin de semana. Comezamos ben, demos o primeiro paso, estamos máis cerca das semifinais”.
“noe”


Está contento na súa segunda temporada en Fundao, “adapteime rápido, é un lugar moi tranquilo, como As Pontes. Aprendín moito tácticamente, agora son máis completo, e pódome adaptar máis a calquer sistema. Ademáis gañamos o primeiro título da historia do clube así que estes dous anos foron moi positivos”.
Sobre a súa faceta goleadora “O ano pasado metín 20 goles e acabei quinto máximo goleador na fase regular, este ano estou metendo menos, 13, pero agardo axudar con algún máis no play off”.
Non se esquece Noé dos seus compañeiros no seu primeiro ano en Portugal, o Operario Desportivo das Illas Azores “agora están en Segunda División, pero teño moitos amigos alí e agardo que pronto podan voltar a Primeira”.
De gañar esta eliminatoria, en semifinais seguramente lles agardaría o campión da Liga Regular, o Sporting de Lisboa.
noe
noe
noe
noe
noe
noe
noe
noe
Nova Cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios