Amigus
As Pontes

Nomansland 1: Límites e imposibilidades dun Patrimonio (arqueolóxico) Galego

archetenrreiro
Un artigo de Marcial Tenreiro
(…)
Os Límites e imposibilidades do Patrimonio: O Valor social
Entrando xa de cheo neste utopismo posíbel ou se cadra sería mellor dicer nese realismo condeado en certa forma à imposibilidade, e máis aló das inconsistencias do Sistema Arqueolóxico galego, compre deterse un intre no tema dunha futuríbel Rendabilidade Social do Patrimonio, por outro lado moito actual noutros lugares:
3) De igual xeito que o dito derriba pra situación da investigación arqueolóxica estes condicionantes sinalados motivan tamén unha inoperatividade à hora de buscar unha rendabilidade social, e non exclusivamente económica, ao propio obxeto patrimonial.


Ao mesmo tempo dase debido a elo certo confusionismo ao respeito desta dimensión do patrimonio, lastrada de cote por un sesgo mercantilista do patrimonio, que non lle é propio por definición, da resultado a unha certa tendencia a entender o principal valor do patrimonio cultural e do arqueolóxico en concreto como mero recurso “turístico”, nesa lóxica algo confusa se pode vender nos medios de comunicación a destrución do entorno dun castro por exemplo como unha posta en valor do conxunto arqueolóxico, pensemos por exemplo do proxecto de construir un campo de golf no espacio do castro Xas, deixando este no medio dos verdes prados e buracos con banderín. Algo que persoalmente ao que esto escribe lle recorda a “lóxica do Horreo conservado na Rotonda” da que teño falado en algunha ocasión.
2110-72364-a-mourel6aba.jpg
Lonxe de nos pensar nas multiples posibilidades pedagóxicas, seica o interese pedagóxico da administración non esta centrado en favorecer un mellor coñecemento do noso patrimonio, nin sequera da historia, seica as prioridades de educación neste momento son outras como facernos “bilingües” (ainda que non queiramos caldo, ao respeito), e seica as prioridades de patrimonio, cultura etc, tampouco son estas, por máis que os cartos públicos como parte dos nosos impostos deberían reberter non só en bens materiais ou fastos litúrxicos (penso en certa “cidade”) precisamente, nin en subencionismo discutíbel, pero nesto xa non entremos porque como digo eu nas crenzas persoais, nos/as filias-e-fibias de cadanseu político (ibidem), ou nas prioridades persoais/ou persoalistas de cadaquen, son democrata, e non me meto.
Cecais queda lonxe entender ainda, se que é que algún día esa idea, se establecer nestas terras un Patrimonio pensado en función das propias comunidades onde este se da, onde este existe, entendendo que se debe utilizar este como recurso de formación cultural desas xentes, non coma meros receptores das verdades que algún diga (que sequer maña xa o non sexán) senon facendo participe a cidadania del, entendendo as posibilidades de desenrolo en relación co patrimonio e non como unha mera oposición antagónica entre a conservación e o benestar, elo supón cambiar os termos de certas inercias mentais moito estabelecidas na opinión pública entendendo o desenrolo máis alá dunha mera relación de “depredación”.
Non falo en abstracto enténdase penso agora, aínda que no noso contexto pensa-lo é dificil, en iniciativas como as actividades de “reenatment” para que se entenda esa palabriña inghlesa que denomina a esas feiras/festas/actividades nas que a población se viste dun determinado periodo histórico e recrea a vida nesa época, penso tamén nas multiples actividades que nese sentido se poden ofertar a poboación infantil a ese respeito como se fai noutros paises de Europa (Alemaña, Inglaterra, Francia, Austria, Suiza, Suecia, etc, etc.) todos eles grandes potencias ou economías máis desenvolvidas e que a pesares do progreso aproveitan o seu patrimonio histórico e arqueolóxico activamente e non crean, nos reproducimos, unha falsa dicotomía Progreso-Conservación (Patrimonio vs Obras públicas por exemplo) que ten máis que ver co século XIX que cun pais que quer ser do XXI.
Tal vez cando se entendese isto, istas cousas tan simples e que a par parecen tan lóxicas, cecais entenderían-se certas cousas, que o parecer non se entenden …ou nin se queren entender. E Cecais nese futuro hipotético se comprenderán menos algúnhas praxis patrimonias da nosa actualidade, e porque xacementos potencialmente patrimonializables e aproveitábeis social e aínda economicamente, capaces de ter unha repercusión en ocasión ate nacional ou intenacional durmen o sono dos xustos baixo o po ou aínda o cemento
Ler o artigo completo: http://www.blogoteca.com/archetenrreiro/

También podría gustarte
Comentarios