Nota de prensa ASOCIACION ANPAS ABRENTE: CONCENTRACIÓN POLO BAC NO IES CASTRO DA UZ

Comunicámosvos que o vindeiro sábado 25 de febrero ás 12:00 horas, o Concello de As Pontes de García Rodríguez e a Coordinadora de ANPAS ABRENTE levarán a cabo unha concentración diante do Concello en sinal de protesta ante a decisión da Xunta de Galicia de suprimir o bacharelato no I.E.S. Castro da Uz da nosa vila.

Estimados pais:

Pregámosvos a vosa asistencia a esta convocatoria e a maior difusión posible da mesma, para entre todos mostrar o noso apoio á permanencia do bacharelato no IES Castro da Uz, para defender a oferta educativa na nosa vila ante unha decisión sen argumentos válidos que lembremos, aféctanos a todos.

Agradecendo de antemán a vosa colaboración, recibide un cordial saúdo.

COORDINADORA DE ANPAS ABRENTE

También podría gustarte
Comentarios