Este xoves, día 11 de outubro, ás 20.00 horas na Aula Polivalente da Casa Dopeso, o Deputado de En Marea Pancho Casal presentará a Proposición de Lei para paliar a pobreza enerxética e acadar unha mellora significativa para os fogares máis vulnerables, que En Marea presentou no Parlamento de Galicia.
A Proposición de Lei preséntase coma a alternativa que inclúe as medidas máis integrais, actualizadas, necesarias e xustas que houbo ata agora no noso país.
Explicaranse tamén os excesos dos tipos de tarifas e contratos enerxéticos cos que contamos a día de hoxe, as baldías medidas da Xunta de Galicia a través do seu Bono Social e a posibilidade de obter unha mellora no aforro no consumo do fogar.
Por iso, queremos convidarvos a asistir a este encontro, no que poderedes participar manifestando todas as vosas dúbidas e achegando propostas, porque a riqueza do noso proxecto está na pluralidade de todas nós.
Non esquezades traer os vosos recibos da luz, para consultar as vosas dúbidas e coñecer cómo aforrar.
Agardamos contar coa vosa presenza.
XOVES 11 DE OUTUBRO
20:00H
AULA POLIVALENTE DA CASA DOPESO
INTERVENCIÓN: PANCHO CASAL, DEPUTADO DE EN MAREA NO PARLAMENTO DE GALICIA
Máis información www.xuntosporaspontes.com