Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes insta a urxente limpeza do Río Eume e o seu entorno ao seu paso pola Vila de As Pontes

Maleza nas marxes e no propio río, lixo, muros e paseos sen limpar, que fan de acubillo para ratas, serpes e outras especies similares que poden entrar nas casas veciñas.

Xunt@s por As Pontes denuncia o estado de abandono no que se atopan as marxes e o propio Río Eume ao seu paso pola Vila de As Pontes e insta ao Concello a que proceda de inmediato a restaurar a zona.

Se o goberno local quere potenciar a Vila, como en repetidamente sinala nos Plenos, o primeiro que debe facer é manter o entorno limpo e libre de maleza e lixo; crear unha zona que resulte agradable para o paseo e a convivencia.

As Pontes, 23 de xuño de 2018

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios