Nota de prensa BNG: O BNG LOCALIZA OUTRO DEPÓSITO ENTRE O FREIXO E O DEVESO

Podería afectar ao abastecemento das Somozas e ao río Mera.
As Pontes, 27 de xuño de 2013.- Novas denuncias veciñais posibilitaron a localización dun novo vertido de lodos no lugar de Prada, na parroquia pontesa do Freixo, no que se poden observar pilas sen estender do xa coñecido material.
Para o seu depósito destruíronse elementos patrimonias, como muros de pedra, e abríronse pistas con residuos de demolición utilizados como recheo; na zona tamén se poden apreciar hábitats prioritarios afectados.
A súa situación fai sospeitar que os seus lixiviados poderían chegar aos regatos que aportan as súas augas ao río Mera que, ademáis do concello pontés, pasa polas Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Ortigueira, e que son utilizadas para o abastecemento de auga nas Somozas.
vertidos.gif


O grupo municipal do BNG ven de reiterar a súa petición do 14 de xuño ao goberno do PSOE de convocatoria dunha Comisión, para coñecer as medidas acordadas polo Concello e os seus resultados; o BNG entende como prioritario a elaboración dun inventario dos depósitos realizados no concello e das súas posíbeis afeccións, e demandar unha reunión urxente coa Xunta.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios