Nova normativa do idioma galego
A RAG traballa nunha nova normativa do galego. Din que ninguén sairá derrotado.
Nisto hai moito que falar, e nunca mellor dito… O idioma galego é unha mixtura de idiomas que nunca ata o de agora estivo unificada. Tentar unificar isto é algo contranatura, o mellor do noso idioma é a súa variedade. Calquera intento de modificación implicará unha perda.
E mirando a historia do noso país hai que plantexarse o feito de que o noso idioma non deixa de ser, moi a grosso modo, unha evolución/modificación natural da mixtura de dous idiomas, o portugués e o castelán.
Non son lingüísta nin nada que se lle pareza así que supoño que moito do que digo é MOI cuestionable e incluso está errado, pero entendo que a cultura dun pobo empeza polo seu idioma, e na cultura a variedade é riqueza.
E todo isto ben de ler este artigo en elcorreogallego.es
home, dicir que o galego é unha mestura do portugués e o castelán paréceme que é un erro moi gordo. p.ex. poucos seculos atrais, o castelan era moi distinto a agora…
antigamente non había fronteiras e limites tan localizados coma agora, e supoño que o idioma variaba progresivamente segundo se avanzaba polas distintas zonas… e aí douche a razón, é unha riqueza a variedade.
supoño que formal e oficialmente será moi dificil ter moitas variantes…
tamén hai o problema de que agora a xente se desplaza moito mais que antes i é moi dificil conservar o idioma nunha zona tal e como foi sempre, ainda que de momento hai todavía moitas zonas que o conservan… iso sí con anglicismos e coloquialismos por un tubo, como este mesmo
ui! que me aparanta o cascante! u-lo coche? ei-lo, teño presa, abur! 🙂
bueno, que eu vexa, escribín un ‘moi a grosso modo, unha evolución/modificación natural da mixtura de dous idiomas, o portugués e o castelán’.
no seu momento ata se falaba portugués en castela -pex alfonsiño o sabedor…- e o galego se mal non recordo naceu de por esos intres, e evidentemente, hoxe en día o galego que se fala é unha mixtura moi difícil de des-mixturar porque como dis, as influencias son moitas -incluso do galego normativo- e en cada lugar se fala dunha maneira diferente.
entendo que intentar desliar este lio é unha tarefa pouco menos que imposible, pero a solución de facer unha nova mixtura, creo que vai ser peor aínda.
Turma, realmente não sabia que o galego era uma mistura entre o português e o casteliano.
De qualquer forma, é sempre bom ter em mãos informações preciosas como essas.