Novos obradoiros de videocreación en As Pontes: vIDÉAte

Dende o 3 de Outubro ao 19 de Decembro realizaremos un obradoiro de videocreación no Centro Sociocomunitario de As Pontes.
Coa intención de abrir o centro a novos e novas usuarios/as ofértase este obradoiro para achegar as novas tecnoloxías a aqueles interesados en expresar a súa creatividade a través deste medio.
Con este fin, durante as tardes dos xoves dos próximos meses, en horario de tarde (de 16-18h e de 18-20h) levaremos a cabo sesións encamiñadas a desenvolver as diferentes ideas creativas aportadas polos participantes, definir un plan de rodaxe e editar o material gravado por eles mesmos.
O obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas de 18 anos en diante, interesadas pola linguaxe audiovisual como medio de expresión persoal, por coñecer a ferramenta para poder editar os seus pensamentos e emocións, e traballar a creatividade que todos posuímos.
O prazo de inscrición comezou o 16 de Setembro no propio Centro Sociocomunitario das Pontes situado na Avda. Ferrol, 23 ao carón do parque municipal, a aceptación dependerá da orde de inscrición.
Tedes máis información no taboleiro do centro, e para calquera consulta podedes poñervos en contacto con nós: www.videodinamizarte.com
O prezo será de 25 euros por todo o curso, aproveitade esta oportunidade!!!

Cartel-vIDEAte.jpg

También podría gustarte
Comentarios