O ALEVÍN PONTÉS CAMPIÓN DA COPA AFACO

Conseguiron cinco vitorias e un empate

Unha vez rematada a tempada, os Alevíns do CD As Pontes participaron estas semanas na Copa Afaco, torneo no que ademais de competir con equipos da Comarca, se foron iniciando no fútbol 11, adaptándose as dimensións nas que xogarán moitos deles a partir da vindeira tempada.

Torneo brillante o dos alevíns ponteses, que gañaron cinco encontros, O Val (5-4), Eume Deportivo (2-0), Perlío (1-6), Miño (6-0), Galicia Mugardos (0-5), cedendo un só empate en Cedeira (5-5).

Aínda que a derradeira xornada deste torneo xogase este venres, o equipo azul xa é campión matemático con 16 puntos, dado que ó máximo ó que poderían achegarse os rivais sería a tres puntos. Oitava Copa Afaco pontesa tras catro infantís, dúas xuvenís e unha feminina.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Xose Blanco

También podría gustarte
Comentarios